Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: 53 anos da travesía da ría

miércoles, 05 de agosto de 2015
1962, ano pródigo en cultura e deporte locais. O alcalde Beltrán, querendo sacar partida ás augas da ría, pensou na posibilidade de logralo co piragüismo, que podería axeitarse mellor ás condicións naturais da mesma, e con ese fin organizar unha travesía anual á ría. Tivo a intelixencia de involucrar nela a Jacinto Regueira, árbitro internacional de piragüismo, namorado da súa práctica, disposto a realizar canto esforzo e dedicación requirise. E de verdade que o conseguiu, debido en boa medida ó seu prestixio no mundo do piragüismo.

De contado a cita acadou sona entre os practicantes do litoral norte e tamén dos clubes fluviais de Galicia e Castela /León, procedencia da meirande parte dos palistas; Declarouse a proba puntuable para o nacional.

Jacinto Regueira chegaba a Foz no coche de líña o día anterior, cargando ó lombo con bandeiras, boias, cordas, sinais e demais pertrechos organizativos, e os numerosos trofeos que ocupaban boa parte do seu tempo, pois debía clasificalos e ordenalos para que se correspondera a relación entre a calidade dos mesmos e o posto logrado na competición.

Entón era xenerosa a aportación de altas autoridades – mesmo ministros- de trofeos para a proba; a entrega espertaba grande expectación, para o que se instalaba un amplo palco nos xardíns do porto, diante dunha multitude que abarrotaba o muelle da dársena. Regueira, mestre nacional, home con personalidade, puntualidade inglesa, o cronómetro e o regulamento por bandeira, foi presidente das Federacións Galega e Española, diploma do Comité Olímpico Internacional polo seu labor a prol do deporte, dirixiu competicións e cursiños para árbitros en medio mundo. Él foi alma e corpo do acontecemento que tanto nome díu a Foz e que cumpre os 53 anos, todo un record.

O persoeiro singular – Jacinto Regueira - finou hai algúns anos na Coruña. Entre vellos papeis gardamos a caricatura do debuxante lugués Mouriz, con expresiva dedicatoria do deportista, dando fe da nosa afectuosa relación. Graciñas por todo, Jacinto.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES