Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Ninguén sen futuro!

viernes, 16 de junio de 2006
O lema/obxectivo do Día da Caridade compleméntase cunha chamada ao compromiso: ”Fagamos do mundo un lugar común!”. Temos de implicármonos todos na tarefa. Por dignidade e coherencia. O que hoxe pode soar a utopía, mañá vai ser ditosa realidade.  

A loita por unha sociedade nova e por un futuro de esperanza é a mensaxe central do Evanxeo. A sociedade ten de ser anovada ó ditado do Vento do Espírito. Do Vento que nos empurra a derribar muros e barreiras, a construír cidades e fogares abertos para protexer aos indefensos e ofrecer a man a quen a precise. Ese mesmo Vento é o que nos trae os berros dos pobres e empobrecidos e dos que esperan un futuro mellor. Crentes e non crentes, temos de unirnos para preparar o gran banquete mundial da solidariedade! 

Resoan berros do Sur (África/América). 200 millóns de nenos/as con desnutrición. Once millóns, quedan no camiño, cada ano. Ao día, 100.000, de fame. (50.000 nenos). Outros explotados polo traballo e o tráfico sexo/droga ou consecuencia da SIDA. Mil millóns de persoas sen futuro!. Lonxe de nós. Máis preto, en España, ademais do coñecido (miseria, chabolas, inmigrantes..) a nova marxinación dos 350.000 anciáns que sofren maltrato e as vítimas da violencia doméstica. En Lugo:  20.730 persoas e 4.800 familias ao límite da pobreza. En extrema necesidade, 290 fogares; en grave, 840; en moderada, 1.970 e “en precariedade social”, 1.700. As cifras, aínda sedo frías, falan/denuncian.

Que futuro lles espera aos pobres!?. Se aínda o común da sociedade teme o futuro, que sentirán eles!?. Sabemos quen son e onde están. Só fai falla que as sociedades ricas deste globalizado e insolidario mundo asuman (asumamos) a vergoñenta realidade e lle poñamos remedio. Sobran medios; falla xustiza, solidariedade, amor. A Igrexa segue á cabeza á hora do compromiso. Non só cos centros educativos, sociais e asistenciais senón tamén ao través das delegacións de Cáritas (162) e Mans Unidas, con miles  voluntarios que acollen a pobres, inmigrantes,  familias, infancia, parados, sen teito...

A chamada é para todos. Preguntémonos: cantos pobres coñezo eu!?; a cantos escoito, trato, acompaño, acollo ou axudo!?.A resposta ten de ser afectiva e efectiva. A solución ten de ser colectiva. Non abonda con remendos. Temos a obriga de darlles razóns para a esperanza. Cómpre ver a realidade, acercarse a ela, chegar ás persoas, amalas. A norma: a parábola do “samaritano”. Ao mesmo tempo anunciar o que está pasando (o que non se ve, non existe, non doe). Mobilizarse, solidarizarse, organizarse. Clamar, colaborar coas institucións (non suplir) denunciar, compartir, comprometerse....Amar!

Son moitos os camiños. Dar do noso tempo, do noso peto, da nosa ciencia, da nosa vida. Lembremos a certeira frase:”Ou nos salvamos todos ou non se salva ninguén”.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES