Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Polo seu valor sentimental

lunes, 03 de agosto de 2015
Hai noticias que impresionan polo seu realismo, polo asunto político ou económico ou social ou deportivo... A min, hai uns días, impresionoume unha polo seu valor sentimental. Despois de 128 anos pechou, en Madrid, o Café Comercial. Quizais non tiña a categoría do Café Gijón, pero si máis ou menos o mesmo significado. Pódese dicir que durante nove anos foi “o meu Café”. Alí metíame practicamente todos os días, máis dunha vez ó día e ata creo que unha vez estiven nove horas seguidas nel. Alí escribín, lin, parolei e ata me aburrín. Todo o que teño escrito (fóra destas colaboracións) fíxeno alí.

Escribín tanto e tan a gustiño naquel Café, que a un dos meus libros de relatos non quedou outro remedio que titulalo “Gloria no Café Comercial!”. Nove anos nos que os camareiros xa eran como da familia.

Lendo a nova, atopeime con que o máis veterano, un tal Felipe, era o que vin eu iniciar a súa andadura alí como camareiro e o que me puña a maioría dos cafés. Recoñezo que levo uns días que non me sae da cabeza o peche do Comercial. Foron moitos sentimentos espallados polas súas mesas de mármore.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania