A Semana Verde de Maril
Editorial - viernes, 16 de junio de 2006
Todos a coñecen como a Semana Verde de Silleda, pero certamente debería chamarse doutro xeito.
A idea xurdiu en Silleda (Pontevedra) e, despois de poñela en práctica, con esta van xa vintenove edicións: Unha feira internacional relacionada co campo galego, chamada Semana Verde, que ten dado moitas veces a volta ó mundo, e que na edición que agora se está celebrando ten 1.630 expositores dun total de 31 países.
Para albergar estas Semanas, proxectouse en Silleda un conxunto de edificios que é a envexa do resto das poboacións e cidades de Galicia, especialmente de Santiago que está cada vez máis perto. É un macroconxunto que chama a atención de tódolos que o visitan, que asombra polo volumen e os contidos, que honra a Silleda e todo o seu contorno.
Capitán desta iniciativa foi, desde os comezos, José Maril Sánchez, gobernador da Feira internacional de Silleda e controlador do que alí se celebra.
Maril é a cabeza visible desde o comezo, e chegou a ser moi axiña un poder ou un contrapoder, e por eso despertou envexas e recelos. E sempre se dixo que a Xunta de Galicia tiña sumo interés en controlar o que pasaba en Silleda para que non se lle fose das mans. E sempre se supuxo que a Xunta aportaba inxeccións multimillonarias de fondos para que Silleda funcionase.
Pasou a anterior Xunta, e hai unha nova. Que chega con gañas de renovación.
E resulta eso se dí- que a Xunta de Galicia non aportou nada a Silleda desde o ano 2000.
E resulta que o Presidente da Xunta visita Silleda para inaugurar unha nova edición da Semana Verde, e promete un plan estratéxico para aportar seguridade financeira á Semana para a súa consolidación e poder afronta-lo futuro aínda con máis fortaleza.
Ampliaranse os servicios que presta a Feira, captaranse novos clientes e potenciarase a imaxe exterior.
Comeza, pois, unha nova etapa para o recinto feiral de Silleda, que alberga a Semana Verde e unha ducia de celebracións máis. Garántese a continuidade da Semana. O que non está claro é que se garantice a continuidade da Semana de Maril.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora