Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O poder do cemento

jueves, 15 de junio de 2006
Hai arredor de medio século publicouse un relato de ciencia ficción que recollía a fase final do proceso de pavimentación do planeta Terra, na que o xénero humano foi substituíndo a terra e a auga, os bosques, os terreos cultivables, as tundras, os desertos… ¡todo!, por pedra e cemento.

O relato contaba a paulatina desaparición dos vexetais, a eliminación de terreos libres, a invasión polo cemento de toda a superficie da terra.

E no momento en que toda a Terra tuvo a superficie de cemento, o vello planeta que soporta ó xénero humano, sen capacidade de poder “respirar”, fixo explosión provocando a fin do mundo.

Esto só é un conto de ciencia-ficción. ¿Nada que ver coa realidade?.

Cada día, en España, o cemento cubre trinta mil metros cadrados máis, superficie que ven resultar o equivalente a tres campos de futbol, simil que hoxe –pola actualidade deportiva- todos entendemos.

Por agora non vemos o problema. E tardaremos en velo, porque se España ten unha superficie aproximada de 500.000 kilómetros cadrados, que equivalen a 500.000.000.000 metros cadrados, a razón de 30.000 metros cadrados diarios, como non sabemos o que hai pavimentado ata este momento, poñamos que poden quedar na península metros cadrados sen pavimentar para vinte ou trinta mil anos, co que nos queda lonxe calquera final tráxico provocado polo afan pavimentador .

En Galicia, nesto de pavimentar imos un pouco máis lentos que o resto de España, pero imos. En dez anos aumentou en 175.000 o parque de vivendas, medrou en 3.500 hectáreas a superficie ocupada por infraestructuras e en 2.300 ha. a de explotacións mineiras. O 1,8% da superficie galega ten pavimento artificial.

O de pavimentar é algo serio. A construcción estanos invadindo. O noso rural chora de feismo. A costa sofre de frenética invasión de constructoras galegas e foráneas. O progreso mídese –e sostense – pola evolución da construcción, e crese saber que cando a construcción en Galicia sufra un parón viviremos un crak coma o que rematou cos “felices vinte”.

O poder do cemento sobrelévanos. ¡Que nos dera ter unha calculadora que puidese facilitarnos o dato de que porcentaxe dos poderes que nos gobernan corresponde a unha lousa de cemento.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania