Enerxía para valorar a enerxía
Editorial - miércoles, 14 de junio de 2006
Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación da Xunta de Galicia, acapara a maior parte dos titulares dos medios informativos pola propia dinámica das competencias, pola súa actividade abundante, e pola enerxía que desplega no exercicio das súas funcións.
A última, por agora, destas aparición nos medios produciuse na Coruña, cando nunha xornada do Clube Diálogos para la Democracia interveu, precisamente sobre o tema da producción da enerxía en Galicia, para deixar claro que o noso País non se vai conformar con ser productor e exportador pasivo de enerxía barata senón que vai obter os beneficios que esta función debe comportar.
Galicia comezou a ser unha potencia enerxética cando nos anos do desenvolvemento do anterior réxime, comezou a ver inundados os mellores dos seus vales por pantanos adicados á producción de enerxía.
Esta actividade tiña importantes contrapartidas. Desarraigo de centos de persoas, pobos que desaparecen, os pantanos asulagaron terras de labor, viñas, ladeiras soleadas... e cortaron os cauces dos ríos, co que desapareceron as pesqueiras e a pesca, os peixes non puideron remontar as correntes, o fondo énchese de limos e non se osixenan as augas... Producimos enerxía eléctrica sacrificando ás nosas xentes e á natureza.
Non faltou moito para que tiveramos unha central nuclear.. Queimamos turba para producir enerxía. Enchemos os montes de xigantescos muíños productores de enerxía eléctrica.... E exportamos arredor do corenta por cento do que producimos, para beneficio das empresas de producción de enerxía.
Pois todo eso hai que valoralo, e vaise valorar. Díxoo o Conselleiro, e ben poden as empresas productoras poñerse as pilas (aínda que teñen enerxía de sobra) e ir procurando para esta terra compensacións axeitadas á exportación que efectuamos baseada en tanto esforzo e sacrificio.
¡Que Fernando Blanco manteña esa enerxía!. E que a enerxía que producimos teña axeitada compensación.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora