Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (75)

miércoles, 26 de agosto de 2015
Cando Luís ía coas pinas a Betanzos

A mediados do século vinte, a vida era dura. A posguerra, o minifundio da Galicia rural. Non había traballo. As terras estaban moi aproveitadas. Luís, con quince anos, para ter unha peseta (gustáballe ter algo), pois os pais, como a maioría, non podían. Apañaba pinas dos pinos, poñíaas ao sol para que abriran. Enchía o saco e, antes de vir o día, saía para Betanzos. Ía pola estrada de Velouzás. Cando pasaba xunto o cemiterio de Betanzos, era moi cedo, aínda non abrira o día. Dicía que tiña medo.
Os cemiterios poñían moito respecto. Case sempre había faladurías dos mortos, como a Santa Compaña, etc.

Chegaba á Vila. Tiña alí a súa tía María. Ela vendíalle as pinas, pois a el dáballe vergonza. Xa era un rapaciño. Pagábanllas a patacón cada unha (eran dez céntimos). O rapaz, todo contento. Cando che custa tanto ganar os cartos, tamén os valoras máis.

Estes foron os primeiros ingresos do meu home (gracias á tía María, aínda hoxe lle está agradecido). As pinas queríanas para acender o lume, pois, naqueles tempos, cociñábase con leña. Non había gas nin electricidade. Ata había xente que cociñaba con serrín, casca dos pinos, viruta, que sacaban os carpinteiros. Cando vexo tanta leña tirada, aínda recordo aqueles anos de tanta miseria.

Un recordo para a xente que tanto traballou na vida.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES