Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Algún día todo isto rebentará

viernes, 31 de julio de 2015
Cada vez que o penso sóbenseme os bemoles ás entrañas. Cada vez que penso que o suor do noso traballo vai todo para os políticos é como para clamar ó ceo. Estamos a pagarlle a cinco administracións! Concellos. Deputacións. Xunta de Galicia. Goberno Central. E Comunidade Europea. Antigamente nin tan sequera cobraban os alcaldes. Agora cobra todocristo. Desde o concello máis despoboado ata un conxunto de estados membros de non sei qué.

Algúns pensarán: eran outros tempos, agora hai outras responsabilidades (que xeralmente se lle pasan a empresas privadas) Pero aínda así, quen os mandou presentarse? E se queren un soldo por elo, hai a opción de facer unha oposición. Concellos de menos de 2.000 habitantes e cobran practicamente todos! O das Deputacións xa non ten nome. Iso si que é sangrante. Para que serven? Eu sei ben para que existen. E vós tamén. Pero... Pero traballan os pombos para que unha boa morea de políticos de todas as clases vivan como Deus á nosa conta. Algún día todo isto rebentará. Seguro! E oxalá rebente. Xa estou ata os...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES