Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De contedores a vivendas

martes, 13 de junio de 2006
Cada vez é máis variada a oferta de vivendas. Non só podemos escoller entre duplex, pisos ou apartamentos na cidade ou na vila, senón tamén chalets ou adosados na zona rural, antigas vivendas restauradas… todo cun sen fin de variantes segundo a zona, as calidades ou as posibilidades do adquirente.

Dentro dos apartamentos, dos que se coñecen exemplares de ata mil metros cadrados, non son ningunha novidade os de 50, 40 ou 30 metros, especialmente nas zonas de veraneo, aínda que a proposta da Ministra da Vivenda atopara un muro de críticas que non se pararon a pensar na auténtica realidade, e mesmo nas necesidades que unha parella de rapaces ten nos primeiros tempos da súa convivencia.

Como referencia do extranxeiro, chámanos a atención o que ocorre no Xapón, onde nos amosan como os executivos poden pernoctar en reducidos cubículos horizontais, pouco maiores que unha liteira, onde quen non padeza claustrofobia pode residir en libertade constreñida pero solitaria.

En Galicia, agora, ven de aparecer o último en oferta de materiais ou elementos para a construcción de vivendas: contedores metálicos dos que se utilizan no transporte marítimo, para a construcción de chiringos ou refuxios de praia, oficinas, e ata vivendas “definitivas”.

O material, o aceiro, é case eterno, sen necesidade de mantemento, relativamente barato e – salvando o maior inconvinte- doado de aillar interiormente, xa que senón chegaría a temperatura ós 50º.

A iniciativa ten recibido a “bendición” da Consellería de Innovación da Xunta de Galicia, e parece xeitosa polo que ten de reciclaxe de material “incómodo”.

As razóns estéticas, que son sempre discutibles, non favorecen a iniciativa. Pero as razóns económicas, sempre moi poderosas, poden favorecer a súa difusión, especialmente se temos en conta o que parece a fin do tempo do diñeiro barato co que as hipotecas están experimentando paulatinos aumentos que non auguran tempos de bonanza.

Ó mellor, o dos contedores é unha solución. Parece cutre, pero a saber se moi axiña non é necesario adoptar solucións drásticas
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES