Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Misterios do 11 de setembro do 2001

miércoles, 29 de mayo de 2002
O QUE XAMAIS DIXERON OS GRANDES MEDIOS DE COMUNICACIÓN CHAMADOS POLO NOME DE “MANDILÓNS”

Xa van aló preto de oito meses dos atentados de Nova York e Washington, e aínda non temos unha verdadeira información oficial nin parece que a teñamos. Nin os “mandilóns” ao servicio das grandes multinacionais fan moito para pescudar nos aspecto relativos aos seus autores, nin nas contradiccións das declaracións oficiais de entón ás declaracións de agora. Nestes intres hai un malestar polo secreto e o silencio ordenado polo “Imperio” coa complicidade dos países europeos, onde hoxendía hai unha gran desconfianza (inclusive dos partidos clásicos, e non estraña que nazan Le Pens e proliferen por Europa) da información oficial e dos medios visuais e escritos polo ocultamento e manipulación que exerce o poder en tódolos estados de Occidente, en especial España. Alguén dixo fai tempo que: “cando comeza unha guerra, a primeira víctima é a verdade”.
Na mesma semana do atentado, un oficial do exército de EU dixo ao The Washington Post que na “guerra informativa de gran intensidade en curso, íase a mentir aos xornais”, dicía con esto, que se impoñían novas medidas e límites á información. Ou sexa á libre expresión. Un día despois destas declaracións, o Secretario de Defensa Donald Rumsfeld, clarexou que “podería que nalgunhas circunstancias nas cales sería necesario non dici-la verdade” aos xornais. Cando lle preguntaron si o Pentágono podería dar información falsa, Donald respondeu: “supoño que un nunca di nunca”. Inclusive lembrou a frase de Winston Churchill de que “ás veces a verdade e tan valiosa que tiña que ir na compaña dun gardaespaldas das mentiras”.
Como di Noam Chomsky, “os medios de masas son o apoio dos intereses do poder” case sempre manexan e distorsionan os feitos e menten como cosacos para manter eses intereses e ampáranse na lenda da obxectividade e da imparcialidade, pero eso forma parte da súa angueira de propaganda. Esta é unha técnica que ten un gran parecido cando comezou o Terceiro Reich con Hitler, onde a máxima era “toda propaganda debe ser popular, axeitando o seu nivel intelectual á capacidade oínte dos menos intelixentes a quen se pensa que vaia dirixida”. Esa técnica psicolóxica de masas foi seguida agora por Bush para a construcción dun inimigo, o novo Diaño do século XXI, Bin Laden. É a mesma que na guerra do Golfo seguiu o seu pai George Bush cando era presidente; o diabólico do inferno Hussein.
Despois da Guerra do Golfo, o xornal de Londres The Guardian publicou un estudio de comparanza de toda a terminoloxía que estivo usando os medios de masas, escritos e radio-televisivos, para referirse aos aliados e iraquís. Os aliados “eliminan”, Iraq “asasina” Os aliados tiñan “exército, mariña e aviación”, Iraq unha “maquinaria de guerra”. Os aliados daban “directivas xerais” aos xornalistas, Iraq “censura” e “propaganda”. Os soldados aliados eran tratados como “os muchachos”, os iraquís como “hordas”. Os primeiros eran “profesionais, heroes e prudentes”, os segundos “carne de canón”, “covardes” , “bastardos fillos de puta” e “fanáticos”. Os mísiles aliados fixeron “danos colacterales”, os “asasinos” mísiles iraquís “víctimas civís”.
O Saddam Hussein era o “carniceiro de Bagdad”, “ tirano do diaño” e “monstro da tolemia”, polo contrario a o Sr. Bush pai era “resolto” “un seguro e gran estadista”. Como xa teredes ollado e lido en tódolos medios de España naquel entón, nos decatamos que por aquel tempo tamén ao noso país chegara a corrupción e perversión da linguaxe.
Unha das maiores mentiras dos medios de masas na modernidade foi en Romanía durante a guerra civil que se fixo en directo pola TV, era a montaxe da realidade e a mentira. Aquí deuse un efecto tapadeira ou “biombo”: namentres o mundo estaba co maxín nos acontecementos de Romanía, EEUU invadía Panamá.
A Guerra do Golfo proxectouse coa base dunha morea de manipulacións e falsidades. Primeiro facer crer á opinión pública de EEUU e Occidente que Arabia Saudita non era un réxime dictatorial e dicindo a barbaridade de que Iraq tiña o cuarto exército do mundo.
Mike Digel, é o maior manipulador de masas de EEUU, foi o home que inventou a Ronald Reagan, montara unha morea de imaxes de gran impacto que reproducían o salvaxismo iraquí. Xamais existiron na realidade, foron filmadas en Novo México.
Agora os mestres de cerimonias os “mandilóns” das TV en especial a CNN falan das guerras como si fora un partido de fútbol, como aconteceu na Guerra do Golfo, así pasou coa destrucción das Torres Xemelas de Nova York. Horas, días, semanas coas imaxes dos avións petando contra as torres, é a ideoloxía do directo o comecocos do século XXI. Con estas imaxes de cada día, o Pentágono comezaba a fabricar o novo Diaño de comezo de século. O bastardo de turno Bin Laden. Se lle fixo unha intoxicación ao persoal mundial, se lle desinformou se lle manipulou. Logo chega O Sr. Imperialista Bush como o salvador do mundo dicindo: “Con EEUU ou con o terrorismo” Con deus ou con Alá. A cruzada de Occidente contra o Islam. Ou sexa ao estilo Felipe II pero con computadora. ¡Manda carallo na Habana!
Con todo esto, volveu a aparecer a censura e a liberdade de expresión por mor duns xornalistas “mandilóns” ao servicio do poder que lles pagan uns soldos importantes e que lles importa un carallo os milleiros de víctimas inocentes que están a caer nas cidades e campos dos países máis pobres do planeta.
Comezo este artigo co título “Misterios do 11-S”, pois para desvelar eses misterios da Administración Bush, tiña que comezar coa manipulación e desinformación dos medios de masas. Agora imos facer unhas cantas preguntas e interrogacións.
¿Houbo manobras especulativas das compañías aéreas, operacións de ventas como a Morgan Stanley que se multiplicaron por 12.? ¿Houbo manobras de ventas de acciones antes do ataque a WTC coas opcións de venta do primeiro corredor de bolsa do mundo Merrill Lynch & Co onde as súas accións de venta foron multiplicadas por 25?. ¿ É certo que a maior parte destas e outras transicións pasaron polo Deutsche Bank e a empresa de portaxe Alex Brown dirixida por un “personaxe” de nome A.B.Krongard. Capitán de marines que foi asesor do director da CIA, e dende marzo é o número tres desta axencia de intelixencia ?. ¿ Porque non aclaran a conexión Clan Buhs coa Carlyle Group unha multinacional onde están integradas as empresas de armamento United Defence Industries, Federal Data e Saudi Bin Laden Group?. Estas e moito máis preguntas son as que teñen que clarexar á opinión pública.

Ao mando desta multinacional Carlyle Group están Frank Carlucci,exdirector da CIA que despois foi Secretario de Defensa no gabinete Bush pai, e como asesor principal James Baker, ex – xefe do gabinete do presidente Reagan e ex – secretario de Estado do presidente George Bush pai. No estranxeiro está representada Carlyle Group cos servicios de Jhon Major (ex –primeiro ministros de GB) e George Bush (ex-director da CIA e ex-presidente de EEUU).
Ao contrario do que moita xente pensa, Osama Bin Laden non foi soamente un contratista da CIA empregado para pelexar o nacionalismo árabe e a URSS en nome do Islam radical en tempos atrás. Foi (e a súa familia o segue sendo) un dos principais socios financeiros da familia Bush.
Si como din as informacións-desinformacións (como se queira ver) dos altos cargos da Administración Bush, que a familia Bin Laden segue tendo relacións con Osama e segue financiando as súas actividades políticas, entón Carlyle Group, que administra as inversións de Saudí Bin Laden Group, tería que estar implicado no delito de “aproveitamento ilícito de informacións privilexiadas” George Bush pai, e podería ser entón un dos maiores beneficiarios das manobras bolsistas ligadas aos atentados do 11S.
Algúns destes interrogantes son doados de clarexar, soamente ter un pouco de paciencia, tempo libre e ganas de saber e non alporizarse ante tanto manexo e manipulación a que estamos sometidos. Soamente temos que entrar en Internet e meterse nas devanditas multinacionais, e veredes os consellos de administración con nomes e apelidos e tódalas ramificacións destes personaxes co Clan Bush.
Nestes días de finais de maio, xa están a escintilar nos medios de comunicación en USA.
De que o Sr. Bush estaba sabido do ataque. Pero xa están comezando a funcionar as mentiras da CIA, aterrorizando ao persoal dicindo que se agarda outro ataque, para desviar a atención ante unha pescuda no Congreso por parte do partido Demócrata.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES