Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Hospital asilo de Vilalba (46)

jueves, 06 de agosto de 2015
Ano 2010 - Addenda

Setembro de 2010. De Cuba. Impreso o texto que antecede chegaron novas informacións da Habana que complementan o que se O Hospital asilo de Vilalba (46)escribiu sobre a fundación da sociedade «Unión Villalbesa y sus Comarcas» e sobre os membros que a promoveron e que a constituíron. Todo mercé ás xestións da xornalista Cristina Arias que amablemente dedicou parte do seu descanso a entrevistarse cos actuais responsables da «Liga Santaballesa» e da «Unión Villalbesa», respectivamente Juanita Pérez e Carlos Purriños.

Polo documento de fundación da «Unión Villalbesa» que máis adiante se transcribe coñecemos o seguinte:

―Fúndase a «Unión Villalbesa y sus Comarcas» o 12 de agosto de 1909 na casa de Jesús Hermida, rúa Santa Clara número 25 da Habana. Xuntáronse en total 32 homes da comarca de Vilalba aínda que é moi posible que algún deles fose doutras terras. No caso de Emilio Eimil sabemos que xa nacera na Habana e que era fillo de emigrados.

―As finalidades manifestadas da «Unión Villalbesa» eran tres. A primeira manter unha cohesión social por razón de orixe e pertenza a un territorio que os unía. A segunda establecer socorros mutuos que puidesen necesitar os asociados, ben por enfermidade, por desgraza ou por desfortuna. A terceira realizar obras benéficas en Vilalba e nas súas parroquias. Neste terceiro apartado é onde se adiviña implícito o desexo de axudar a realizar unha obra tan necesaria e demandada: un hospital en Vilalba.

―A sociedade nace vinculada á «Liga Santaballesa de Educación e Instrucción» probablemente por razón orixe, veciñanza e parentesco dos fundadores de ambas. No artigo trixésimo quinto do regulamento da sociedade recoñécese que en caso de disolución o 75% do valor que posuíse pasaría ó Hospital Asilo de Vilalba e o 25% restante para a «Liga Santaballesa» «sociedade establecida na Habana».

―Despois da asemblea de fundación un grupo de socios elaborou o regulamento da sociedade no que se recollen os fins fundacionais. Sométese á aprobación o 5 de setembro de 1909 onde se matizan tres dos artigos propostos, un deles precisamente o que se refire á repartición de bens en caso de disolución da sociedade. O 9 do mesmo mes preséntase o citado regulamento para a súa aprobación no Goberno da Provincia da Habana.

«Unión Villalbesa y sus comarcas» en 2010. Lamentablemente non coñecemos máis documentación dos inicios da sociedade. Parece ser que foi perdida nalgún momento entre 1970-1980.

Polas indagacións verbais realizadas coñecemos que na actualidade as súas únicas posesións son dous panteóns no cemiterio Colón da Habana. Un deles consta de seis bóvedas e un osario, construídos en mampostería e mármore. No seu centro, separando as tres bóvedas de cada lado, hai catro chanzos nos que figura gravado o nome da sociedade e a data de 1927, ano da súa construción. unha imaxe marmórea da Virxe Milagrosa, ó fondo, preside o panteón.

O outro, de catro bóvedas, tamén foi construído de mampostería e mármore en 1935 e procede da antiga sociedade «San Lorenzo de Árbol», que se fusionou coa «Unión Villalbesa» non hai moito. Para asegurarse os dereitos a seren enterrados nestas panteóns, os asociados, uns 170, pagan a cantidade de seis pesos ó ano. O Hospital asilo de Vilalba (46)
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES