Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Hospital asilo de Vilalba (45)

jueves, 30 de julio de 2015
Consideracións finais

O proxecto de hospital asilo foi iniciado en 1909 e concluíuse en 1937. Foron dezaoito anos de reunións, desvelos, discusións e traballos. Pero os fins fundacionais por fin puideron verse realizados.

Durante este período de tempo Vilalba medrou canto lle permitiu a situación económica e a dotación de infraestruturas do país. Era, e é, o centro dunha comarca de marcado carácter agropecuario onde as feiras permitían a comercialización dos produtos do campo.

Como se dixo, Vilalba estaba, e está, nunha privilexiada encrucillada de camiños que pon en comunicación a costa norte galega coas comarcas das Mariñas e da Meseta lucense. Os produtos agrarios poderían ser distribuídos con facilidade a estas zonas de contar con vías de comunicación rápidas e con modernos medios de transporte. Pero o tan ansiado camiño de ferro, o ferrocarril, nunca chegou. E, se cadra, nunca chegará.

Dispúxose de luz en casas e rúas; as feiras foron indo a máis e durante a época da Guerra Europea -1914- os acaparadores de alimentos e a inflación ocasionaron moitas preocupacións.

Despois do falecemento da primeira xeración de homes que quixeron construír o hospital asilo, habería que agardar polo relevo de xente acomodada, habaneiros, que puxeron traballo, coñecemento e algo da súa fortuna persoal para que a aspiración tantas veces invocada fose unha realidade. Porque moitos eran os que manifestaban o seu acordo con tan magna obra, pero non tantos os que contribuían a que o edificio se rematase. Foi o de sempre, os ideólogos dan en falar e os traballos quedan para os demais.

Logo chegaría a época do colexio subvencionado e instituto. Pero a institución educativa non chegou a callar e probablemente non recibiu o apoio social que merecía nin houbo vontade política para construír edificio propio.

Despois de quedar en simbólico o de servir de hospital militar de retagarda, retomáronse os fins fundacionais e as franciscanas terciarias fixéronse cargo das primeiras anciás, pobres de solemnidade, recollidas.

Cando xa se fixeron cen anos desde que se constituíra a primeira comisión para a construción do hospital asilo de Vilalba, queremos deixar constancia de que esta é unha institución viva, ó servizo da xente de Vilalba e da súa ampla comarca e que será labor de todos que permaneza no tempo e non se use para fins particulares ou de medre e lucimento persoal.

Queda para as xeracións futuras o continuar con esta obra na que tantos esforzos deixaron moitos vilalbeses e que sexan eles os que a perpetúen... se lles en pracer for.O Hospital asilo de Vilalba (45)
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES