Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As fugas de Cunqueiro

lunes, 27 de julio de 2015
Xosé Landeira, redactor xefe do Faro de Vigo, amigo íntimo de Cunqueiro; cando en 1965 éste accede á dirección, Landeira pasa a subdirector; Cunqueiro deixa o “Faro” en1970. Á súa morte (1995), Landeira deixa unha ducia de libros e os apuntes (uns 450 folios), referidos á personalidade e a convivencia co autor de “Merlín e familia”.

A obra periodística, e tamén de pensamento profundo, xuizos literarios e reflexión amena sobre a vida, preñada de anécdotas, do amigo admirado, ofrece imaxes novas do narrador galego mais universal, ó tempo que conta as peripecias dun escritor que exerceu o xornalismo como medio de vida, e de independencia, que lle permitiría crear os seus universos.

Landeira fala do Alvaro mais humán, mais amigo dos amigos, mais creativo e inconformista. “Sobre las fugas de Cunqueiro” foi escrito en 1991, décimo ano despois da súa morte.

Falecido Landeira, o neto Renato, avogado e xornalista, ordea as notas do avó, editándoas. O director de “La Voz de España”, onde escribía a sección “Verbas”, preguntou un dìa, ós redactores, quén sabía inglés, co fin de traducir o pé dunha fotografía. A única resposta afirmativa foi a de Cunqueiro que, de contado, o traducíu. Días despois outra foto da mesma axencia, traduciuna nun santiamén. Unha vez publicadas, da axencia fixeron saber á redacción que os pes nada tiñan que ver co asunto que trataban as fotos. Sospeitouse que daquela aínda Cunqueiro non sabía inglés. Un redactor recortou a crónica dun xornal e, de parte do director, pediulle ó mindoniense que a traducira; éste, sen inmutarse, negouse: “eu viñen eiquí – dixo – como redactor. Se queredes que faga tamén de traductor, hai que `pagar unha extra. ...”.

M. Halcón, amigo de Cunqueiro, exdirector do ABC recibíu carta de Mondoñedo do 12-11-40, na que lle decía: “Querido Manolo: me caso el miércoles, 18. Está de Dios que te pida favores y que tú me los hagas: tengo mi pasaporte en la D.G. de S. pendiente de orden para que lo despachen. Sin él no puedo ir a Portugal,y si no voy no podré llevar a mi novia a Coimbra. Si no la llevo a Coimbra no podré hacerle el amor bajo los almendros…”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES