O conto que non se contou
Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 29 de julio de 2015
Remata o conto que non se contou. Ninguén soubo de que ía. Pero catro pelagatos escribían sobre unha folla en branco que non conseguiron encher. Hai ideas que algúns non saben plasmar nun papel. Como se pode plasmar aquilo que non se pode contar? Quédalles a opción, entón, de contalas de palabra. E empezan a barullar de tal maneira que o primeiro insulta ó cuarto e o segundo peléxase co terceiro. Semella un play-off de segunda división. E como tal, case sempre sae ganando o que menos conta, o que menos baralla.
Case é lei de vida. Sábese que moita forza vaise pola boca. Entre rifas e pelexas remata o conto que non se contou. Aínda que pareza unha incongruencia hai contos que non se contan, pero, mirade por onde, non acaban nunca. O mesmo que o da boa pipa; que non se conta nada e non ten fin. Neno, queres que che conte o conto da boa pipa? Non! Eu non che digo que non, dígoche se queres que che conte o conto da boa pipa? Boh, déixame en paz! Eu non che digo
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora