Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sambenitos modernos

miércoles, 29 de julio de 2015
Antigamente, no noso medievo, aqueles que cometían un acto que a Santa Inquisición consideraba pecado colgábaselles unha especie de peto cunha X e eran obrigados a levar un capuchón na cabeza. Isto era o castigo máis livián imposto polo Santo Oficio que ben sabemos como as gastaba.

A sociedade evolucionou e superou o Medievo modernizando os seus xeitos de ser e estar. Agora vivimos na sociedade do presente efémero e da memoria eterna que nos inmortaliza nas redes sociais. O risco vén cando se accede a ditas redes a idades precoces nas que o normal é cometer deslices e incluso algunha toleada.

Antes estes deslices quedaban na intrahistoria familiar e, pouco a pouco, chegaban a ser anécdotas graciosas que desvelaban a evolución persoal e colectiva.

O problema é que agora estas anécdotas intranscendentes transcenden o ámbito da intimidade e fanse historia susceptible de ser xulgada na selección dun posto de traballo por exemplo. Entón a anécdota da que se aprendeu a ser adulto convértese nun sambenito que nos impide acceder á sociedade. Cando isto pasa, como está a pasar, cómpre reflexionar sobre a memoria das redes sociais e valorala coa comprensión que require o proceso evolutivo humano: un proceso que precisa do erro para a aprendizaxe e nese erro todos cometemos actos que nos farían imperfectos ante eses ollos sociais que se queren facer sacrosantos, non en tanto nunca o foron xa que as maiores imperfeccións da evolución histórica atopámolas a nivel colectivo.

Polo tanto temos que ser máis benévolos cos erros humanos; por suposto, sen caer no relativismo pero si pensando que os seguintes en caer no erro podemos ser nós. Sobre todo, se nos expoñemos a levar unha vida pública e nos atrevemos a dicir o que pensamos. Unha sociedade xusta tamén ten que amosarse humana coas imperfeccións que a caracterizan.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania