Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A necesaria renovación do PSOE

viernes, 24 de julio de 2015
A socialdemocracia europea, e tamén a española, foi cedendo, nos últimos anos, na fidelidade ao seu ideario, que comprometía aos partidos socialistas coa igualdade, coa defensa dos traballadores e dos servizos públicos e coa mellora do Estado de benestar, e que os debería posicionar, con total firmeza, fronte ao poder das oligarquías financeiras e fronte ás tramas dominantes -corruptas ou non- de calquera índole.

A excesiva permanencia no poder, a influencia -tan potente- dos poderes económicos, a chegada de "arribistas" aos postos de mando en busca de beneficio persoal, e certa frivolidade no exercicio do liderazgo: todos estes factores, e outros que non cito, levaron a que o PSOE, na vez de estar posicionado á beira dos traballadores -e impulsar políticas para a reducción da desigualdade e a mellora da protección social-, deixouse vencer para situarse, de forma maioritaria, á beira dos poderosos, favorecendo os seus intereses e executando políticas que perxudican á maioría e aos máis necesitados.

Rodriguez Zapatero, que na primeira parte do seu mandato adoptou decisions e impulsou medidas de gran relevancia política e social (a retirada das tropas de Irak, as leis de dependencia e do aborto, as políticas de igualdade, o matrimonio homosexual), caeu despois na frivolidade e, na segunda lexislatura, cedeu ante os poderes fácticos europeos e autorizou medidas contrarias aos intereses da maioría social (modificou a Constitucións -despois dun contubernio nocturno con Rajoy-, e impuxo a primeira Reforma Laboral coa que iniciou a laminación dos dereitos dos traballadores). Agora o PSOE é refén destes e doutros erros recentes, que pesan coma unha lousa, e non lle permiten recuperar a confianza dos seus antigos votantes.

O novo líder do partido, Pedro Sánchez, iniciou o seu mandato tentando dar unha imaxe de renovación e modernidade. Pero hai certas sinais que non permiten alimentar a confianza. Nun recente artigo advertíase sobre os conflitos de interese (1) do chamado "goberno na sombra" do PSOE. Os poderosos lazos de Jordi Sevilla -responsable de Economía- coa consultora PwC (que traballa asiduamente co PP e elabora documentos, cada ano, nos que dibuxa a "folla de ruta" para a privatización sanitaria en España), e as posicións coñecidas de Rafael Bengoa -responsable de Sanidade-, que se manifestou a favor de realizar unha "profunda cirurxía no SNS" e dirixe unha escola de "Negocios y Salud" na Universidade de Deusto (xesuítas), deixan ao descuberto as intencións reais deste partido: continuar coa política de recortes e privatizacións levada a cabo ata agora polo PP.

Tamén é dificil de entender que designe como responsable de "transparencia e ética empresarial" a Silvina Bacigalupo (2), defensora do abogado de Correa (caso Gürtel), que tamén traballa no despacho Oliva-Ayala –que asesora a Rodrigo Rato-, e que defende a Rosell polo "caso Neymar" e a Messi polos seus problemas coa Facenda Pública. E non resulta nada tranquilizador saber que a persoa elexida para coordinar o programa electoral do PSOE é Meritxell Batet (3), casada con José María Lassalle, colaborador habitual de FAES, secretario de Estado de Cultura e home da máxima confianza de Rajoy. Meritxell Batet participa nunha tertulia política (4) -na Cadena Ser- na que, con frecuencia, defende posicións moi próximas ás do representante do PP.

O PSOE é un partido necesario, eu diría que imprescindible, para desaloxar ao Partido Popular, recuperar as institucións e poñelas ao servizo das maiorías. O PP ocupou o poder, no goberno central e en moitas autonomías, para exercelo en beneficio das élites económicas e dos especuladores financeiros. O PSOE cometeu erros graves, que achandaron o camiño para que a dereita tomase o poder. Os cambios neste partido non poden ser só cosméticos. Non abonda coa xuventude e a aparente modernidade. Cómpre recuperar os principios fundacionais deste partido, tan importante na historia recente do país, e convertelo, de novo, nun instrumento ao servizo do pobo e dos traballadores. Do contrario o PSOE condenarase a unha longa travesía do deserto e o país perderá un activo político moi importante nestes tempos tan convulsos.


NOTAS:
1. http://www.nuevatribuna.es/articulo/sanidad/conflictos-intereses-gobierno-sombra-pedro-sanchez/20150718102239118162.html

2.https://vozpopuli.com/actualidad/64816-la-experta-de-pedro-sanchez-para-la-etica-empresarial-defendio-al-abogado-de-correa

3. http://www.elplural.com/2014/07/28/meritxell-batet-miembro-de-la-nueva-ejecutiva-del-psoe-es-esposa-del-secretario-de-estado-de-cultura-del-pp/

4. http://cadenaser.com/programa/2015/01/12/hora_25/1421081757_500948.html
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES