Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En todos os sitios cocen fabas

jueves, 23 de julio de 2015
No país da liberté, égalité, fraternité tamén cocen fabas. Francia é como España, como Arxentina, como Estados Unidos, como Sudán e como Mongolia. Ni máis nin menos. Se hai que lle bicar o cu a algún poderoso, bícaselle e punto. Nin liberdade, nin igualdade, nin fraternidade, nin rabo de gaitas. Resulta que, así, polo bóbilis-bobis, os franceses pecharon toda unha praia para que gozara dela, para que pasara, moi comodamente, as vacacións un rei saudita. E non contentos, mediron 300 metros mar a dentro e dixeron: ata aquí chegamos! E logo!, a pasta é a pasta, o poder é o poder.

Os veciños de Vallauris, lugar que queda moi preto de Cannes, que se despracen a outra, e que non rosmen. Se rosman igual lla expropian todo o ano. Que un xeque árabe non é moco de pavo ou cagallóns que se encamban. Trae moitos cartos e con eles mércanse moitas fabas.

En todos os sitios cocen fabas. En Francia tamén. O de liberté, égalité e fraternité queda moi bonito para a galería e para a publicidade francesa, pero en realidade... poderoso cabaleiro é don diñeiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES