Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En Portugal

Calvo Sánchez, Josefina - jueves, 23 de julio de 2015
50 alumnos da Uned Senior da Coruña fomos de excursión a Portugal onde, por certo, o pasamos fenomenal. Ó acercarnos a Aveiro, o primeiro que vimos foi o estadio de fútbol, que nos chamou a atención pola súa espectacular construcción.

Logo, pasamos pola zona das salinas, cos seus montonciños de sal blanco deleitando a mirada da xente que pasaba pola estrada. E logo os arrozais, unhas grandes extensións, todos eles ben coidados e, de camiño a Figueira da Foz, que foi onde nos aloxamos, paramos en Aveiro. Alí fixemos un percorrido no tren turístico para coñecer o máis interesante do pobo e tamén as fermosas góndolas que percorren os canáis mostrandolles aos turistas os encantos do pobo coñecido como a Venecia do sur.

O segundo día de estancia foi en Figueira da Foz e fomos visitar o Santuario de Fátima, ainda que pouco poidemos ver, xa que estaban en obras na basílica e estaba todo vallado. A pesar de todo encantoume o percorrido que fixemos por todo o Viacrucis, parando en cada estación na que, todo aquel que quería, podía rezar unha oración. Mais tarde subimos ao Monte do Calvario, que foi onde se lles apareceu a Virxe aos nenos, representados alí por unhas estatuas. Seguimos a visita polas casas onde naceron os nenos, que para ser do ano 1908, mais ou menos, xa tiñan utensilios, tanto de cociña como de labranza, bastante confortables.

Visitamos tamén o cemiterio onde enterraron a Francisco e a Jacinta, xa que Lucía fora enterrada en outro lugar, ainda que logo foron trasladados ao Mosteiro de Batalha o cal, só de velo ao lonxe, xa daba a impresión que aquelas torres tan altas, elevándose cara ao ceo, demostraban a beleza daquel impresionante mosteiro. Ao chegar á entrada xa se ven unas vidreiras que se quedan prendadas as retinas por aquela marabilla que parece que nos chama para explicarnos como aquelo foi posible. E cando pasamos a visitar o claustro, ¡outra inmensa marabilla! ¡Que traballo tan minucioso e complicado para traballar aquel mármol duro e frio ¡ Por certo, ainda están dúas capelas sen rematar, que xa non creo que as rematen nunca, pero que me chamaron a atención porque dentro hai unhas tumbas de dous Reis e de dous Infantes.

Resumindo, foi unha viaxe moi bonita e moi aproveitada, cun bó compañeirismo, que iso é o mais bonito, sempre ocupándose uns dos outros, que penso que así debe ser, porque nesta viaxe foi Tucho só a cargo do grupo e iso é unha grande responsabilidade. Bueno, tamén Pita, que nos levóu no autobús a coñecer toda a Praia, que é moi longa, ainda que, por falta de tempo, non poidemos disfrutala. Moitas gracias aos dous!
Calvo Sánchez, Josefina
Calvo Sánchez, Josefina


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES