Historia dunha vida como tantas
Filla de labradores, caseime aos vintecinco anos. O meu home sempre navegando. Criei catro fillos. Naqueles tempos, tamén era dura a vida. Recordo os veráns soa, pois o pai tiña que estar de escolta de Franco, que paseaba no seu iate. Mentres uns paseaban, outros non podían estar cos seus fillos e muller. Aínda hoxe pasa moito diso.
O primeiro golpe veu no ano 1.975. Matouse o fillo maior, con dezaoito anos. Non digo nada, pois moitos saberán o duro que é. A filla que lle segue entra no Arsenal. Vai tirando. A saúde falla. Un ril mal. Hai que operarse, pero non queda ben. O terceiro foi á Mariña. Mentres tivo saúde, todo foi ben. Logo, con cinco hernias de disco, xa non era tan bo; cando iso lle pasou traballando nos barcos. Tampouco hai xustiza.
O máis novo foise para Vigo, gracias a seu tío que lle deixou o seu posto de traballo, pero tivo que marchar. Por se fora pouco, o once de maio do 2005, morreu o xenro de accidente. Quedaron dúas netas orfas e a filla viúva. Non sabe un como enfrontarse á vida. Hai que vivir o día a día o mellor que poidamos. Non sufrir por cousas pequenas; xa as grandes fan sufrir abondo.
Un recordo para a xente que o pasa mal.

Rodríguez Cabanas, M. Francisca