Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O hospital asilo de Vilalba (43)

jueves, 23 de julio de 2015
Ano 1936

«Periódico independiente defensor de los intereses de la comarca Villalbesa». Así se subtitula «Faro Villalbés» de 15 de marzo. Figura como administrador Vicente Otero Cao e como director Antonio Quintela Ferreiro. Probablemente houbo a intención de iniciar unha nova época e manter a O hospital asilo de Vilalba (43)publicación con outra ideoloxía de carácter máis conservadora.

Novos concelleiros e novo alcalde. O gobernador civil decretou cesantes a concelleiros que foran nomeados xestores e substituínos por outros no seu lugar. Foron os novos: Marcelino Martínez Castro, Manuel Rego Díaz, Antonio Currás Expósito, Jesús Orosa Otero, Agustín Seijas Orosa, Jesús Paz Dorado e Ignacio Montenegro Codesal.
Trala correspondente votación foi elixido alcalde Marcelino Martínez Castro, de Esquerda Republicana. Os edís acabados de chegar repróchanlle ó alcalde saínte, Antonio Peña Novo, que cando el entrou no Concello -12- había un déficit recoñecido de 86.000 ₧ e que nestes momentos, marzo de 1936, as débedas ascendían a 101.000 ₧, do que se deducía cal era a súa xestión.

As débedas municipais. Incidindo no apartado anterior, «Faro Villalbés» de 15 de marzo publica unha lista coas débedas que ten o Concello. Entre elas destacamos:
- Ó instituto Manuel Murguía, 4.000 ₧. Supoñemos que as destinadas a material didáctico.
- A varios mestres. Non se lles pagaba a casañan dereito.
- A médicos, farmacéuticos, practicante e matrona. Non se lles abonaba o salario que lles correspondía.
- Á case a totalidade dos funcionarios municipais. Atrasos variados, e cuantiosos nalgún caso, nos salarios.
- A Daniel Boizán e a Cosme Sacido. Por anticipo para o camiño de Lanzós a Vilapedre, 4.785’07 ₧.

Entroido en Vilalba. Visitounos a rondalla da Agrupación Musical de Viveiro dirixida por Raúl Amor. Percorreu rúas e casino.

Conferencias no «Ateneo Cultural». A agrupación cultural organizou unha serie de conferencias de alto nivel nos primeiros meses do ano. Á súa fronte, o catedrático de literatura don Alejandro Juvero, do instituto Murguía. Aínda que non figura expresamente, tamén debía estar na organización dos actos o xuíz de instrución Sebastián Martínez Risco. Os relatorios foron:

De José FilgueiraValverde. «O Rexurdimento na literatura galega». Durante a súa disertación repasou a obra dos principais autores galegos, mesmo os contemporáneos. Acabou cunhas palabras de apaixonada defensa da lingua galega.

De Leopoldo Gallego Díaz, xerente do banco Pastor. Elixiu como tema «Notas históricas sobre la institución bancaria». Fixo un repaso da historia da banca e dos banqueiros desde a máis remota antigüidade

De Antonio Peña Novo. Titulou a súadisertación «Algo sobre a relatividade humana». Estableceu as relacións de pais e fillos, afondou ó falar do concepto de maternidade e considerou as condicións precisas para ser nai auténtica. Finalmente falou da relación coa patria identificándoa coa maternidade.

De Demetrio Méndez Curial. «La reforma agraria». Espertou entre os asistentes moita espectación. E por ese interese deu puntual referencia do acontecemento «Faro Villalbés».

De Antonio Quintela Ferreiro. «Estudio psicológico del niño». Asistiu numeroso público e o mestre foi moi felicitado.

De Francisco Domínguez y Domínguez, docente das escolas graduadas. En «Mi pedagogía» deu a coñecer os ideais educativos en diferentes épocas, expuxo algúns principios de psicoloxía educativa infantil e rematou cunha análise dos debuxos dos nenos ilustrando as súas palabras co proxeccións.

Detidos. Por disposición gobernativa ingresaron no cárcere deste Partido o secretario do Concello de Cospeito e o cura da parroquia de Goá. Polo visto as causas foron por laborar contra do réxime.

Actividades lúdicas. «Juventud Sporting Club» de Lanzós. Celebrou velada teatral coa posta en escena do drama «Aquella noche» de Lajos Zilahy, dramaturgo húngaro. Todo un éxito.

«Teatro Villalbés». Proxectouse a película «La verbena de la Paloma». En breve van ser proxectadas «Tres lanceros bengalís», «El conde de Montecristo» e outras cintas de sona internacional.

† Tomás Otero Muras. Faleceu nesta vila o 7 de xuño. Nacera en 1868, en Muras, e novo emigrara a Cuba onde se dedicara ó comercio. Ó seu regreso estableceuse en Vilalba e fundou familia. Concelleiro durante a Ditadura de Primo de Rivera, máis tarde presidiu o «Partido Republicano de Vilalba». Tamén fundou a sociedade patronal «Unión Comercial Villalbesa».

I Estatuto de Autonomía de Galicia. «Faro Villalbés» de 28 de xuño dá ampla noticia sobre o contido do Estatuto de Autonomía de Galicia. Ese mesmo día era o fixado para realizar a votación da Lei que estaba destinada a recoñecer as particularidades propias dos galegos. Desde as páxinas do xornal faise un chamamento para asistir ós comicios e a votar positivamente a Lei. Remitimos ó paciente lector a estudos especializados para comprender como foi o proceso de elaboración e votación do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia. Aprobouse maioritariamente polos galegos cunha porcentaxe elevadísima de votantes (74,56%), pero o proceso foi irregular. Máis tarde referendado polas Cortes Españolas, nunca chegou a entrar en vigor.

Asemblea pro-Instituto. Convocados polo alcalde, Marcelino Martínez, a primeiros do mes de xuño reuníronse representacións das forzas vivas para obter do Padroado do «Hospital de Santa María» a cesión do edificio por tempo indefinido. Na reunión falaron Alfonso Vázquez, director do instituto; Vicente Losada, catedrático de Ferrol e Plácido Orosa Peña, médico. Quedou elixida unha comisión para establecer os termos da cesión co Padroado.
Non consta nas actas do Padroado da Fundación que tal reunión tivese lugar. Téñase en conta que neste mes remataba o prazo para que o edificio volvese ós fins fundacionais, pero nin as autoridades educativas nin as municipais solucionaran o asunto de dispoñer de locais propios e tampouco parecían dispostas a solucionalo.

Padroado Provisional. Sesión de 18 de xullo. Dáse conta de que en outubro pasado o Concello entregou a este Padroado 5.000 ₧ legadas por Pedro González Maseda para fins benéficos.O hospital asilo de Vilalba (43)
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES