Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do rural ó urbanizable

jueves, 08 de junio de 2006
A inmensa maioría do terreo en Galicia é zona rural. Desa que en teoría ten lonxe o mundanal ruído, que só permite determinadas actividades de rentabilidade cando menos escasa, allea á modernidade, ó turismo de masas, ó glamour, ó ladrillo.

Prescindindo de tódolos demáis factores, a cada cal máis importante, o summun da vista comercial é mercar fincas rústicas que vaian ser transformadas en zonas edificables, a ser posible perto dunha cidade, dunha praia, dun centro de interese, para multiplicar non se sabe por canto o previsible resultado económico.

Cando unha operación deste tipo se basea nas previsións a longo alcance, nas perspectivas de futuro, manexando por ámbalas dúas partes a mesma información, é totalmente válido e xusto.

Cando existe diferencia do nivel de información entre as partes, xa é outra a consideración que o tema merece.

O último caso baixo sospeita está en Nigrán. Pero só é o último, polo de agora, non o derradeiro. Nin o primeiro.

Para o propietario dun predio rural, que non ten por diante máis perspectiva que un dubidoso uso agrícola, que pretendeu destinalo á edificación sen conseguilo, a chegada dunha empresa interesada en mercalo parece unha bendición de Deus, sen importar ó que a empresa o vai dedicar dentro das limitacións legais vixentes.

Pero se, de repente, as limitacións legais están a pundo de deixar de estar vixentes, e o que era rural transfórmase en urbano ou urbanizable, é moi natural que xurda un problema de dimensións non cuantificables.

En Nigrán vense de dar o caso dunha empresa que merca doce fincas con máis de oitenta mil metros cadrados, que ó principio eran rurais e agora poden deixar de selo. Os vendedores montan en cólera. E se os compradores e quen pode decidir sobre a recalificación teñen vínculos presentes ou pasados, a cólera agudízase.

O último caso, en Nigrán. Pero, cantos Nigrán hai en Galicia?. Neste caso, non importa o número senón a calidade. Pero, cantos casos coñecemos por Galicia adiante?. Casos que demos por feito que eran algo normal. E resulta que non. Que chegou o momento de non deixar pasar un máis.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES