Bendita auga!
Fernández, Suso - lunes, 20 de julio de 2015
Non sempre existíu a auga. A terra formouse hai millóns de anos e a auga apareceu mais tarde; ninguén sabe còmo, aínda que os científicos, baseándose no estudo das estrelas e dos planetas, formularon diversas hipótesis sobre o pasado da superficie terrestre. Mentres, mesturando cencia e fantasía, pódese imaxinar o mundo coma un inmenso laboratorio cheo de recipientes flamexantes e rodeados por unha gran nube de gas: a terra íase enfriando e paseniño formouse a auga.
Sucedeu antes de que na terra houbese vida. O filósofo grego Tales, que vivíu polo S.VI a. de C. opinaba que o mundo xurdíu da auga. Os trovadores medievais, imaxinando que o corazón era o centro dos sentimentos, e que no medio del había auga, escribían nas súas poesías que el amor nace del lago del corazón.
A auga de nubes e néboas volta á terra en forma de choiva, granizo, escarcha
Unha parte volve ó mar, outra ós campos, dando lugar a torrentes que se converten en ríos e outras que afloran por medio de manantiais, fontes, pozos. Pero é a acción humana a mais drástica: exerce unha deforestación delirante, ignora os coñecementos das comunidades, retira a auga dos ríos de distintas maneiras. Nun xornal lemos; Os gobernos utilizan a escasez e a contaminación para propiciar conflictos en pobos e cidades, a pesar de que os causantes son as industrias e as autoridades que contaminan, depredan e esgótana.
A auga é recurso imprescindible, pero escaso, para a vida. O tema voltouse prioritario, pois unha situación de carencia ameazaría a tres aspectos do benestar: a producción de alimentos, a saúde e a estabilidade política e social. A Asamblea Xeral de NN.UU. co fin de sensibilizar á poboación mundial, declarou o 22 de febreiro Día Mundial da Auga. O Secretario Xeral, sentenciou: Neste século a auga será mais importante que o petróleo e Leonardo da Vinci definiuna como a forza motriz da natureza.
¡E queixámonos cando chove...! Haberà que mudar o chip e, á vista dela exclamar ¡bendita auga!, ainda que nos incordie e ese día, e outros, non disfrutemos da praia. Aos focegos quédanos o recurso do Bispo Santo e o milagre dunha nova Zapata. Bendita auga!.
(Suso Fernández é cronista oficial de Foz)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora