Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En pé de guerra

miércoles, 07 de junio de 2006
Este ano tocaba descanso electoral.

O 2005 foi o ano das eleccións autonómicas. O próximo será o 2009. O 2003 e 2007, anos de eleccións municipais. O 2004 e o 2008, eleccións ó Parlamento español. Descansos electorais, salvo erro, omisión ou imprevistos, 2002, 2006 e 2010.

Se as cousas se desenvolvesen normalmente, este sería un ano tranquilo, sen grandes alteracións sociais, sen grandes liortas políticas, sen grandes movementos nos partidos na percura dun lugar desde donde asomarse ó exterior.

Pero os grandes colectivos da política en Galicia renuncian ó descanso e á paz dun ano sabático, e xa comezou o baile de candidatos a cadansúa praza de servidores públicos temporais en postos de representación dos cidadáns.

Coñécense xa os nomes dos políticos que, pola súa traxectoria, teñen gañada a concorrencia ás próximas eleccións representando ós seus partidos. Hai outros que, presuntos continuadores de outros retirados da vida activa, teñen xa gañada a súa acreditación. Outros máis aproveitan o tempo que falta para cambiar de bando coa primeira disculpa que se lles ocorra. E, pasa en Lugo, repescan candidato que hai sete anos quedou descolgado por enfrontarse a quen entón tiña o maior poder.

O Bng ten xa elixidos os sete candidatos nas principales cidades. Os alcaldes actuais nestas sete cidades volverán ser candidatos agás o de Ourense. Todo o mundo está no seu lugar de combate, “prietas las filas”.

Era este un ano chamado á tranquilidade, á paz. E está todo o mundo en pé de guerra.

Fálase da xudicialización da política. Non. A política o que está é alterada, radicalizada, monetarizada, profesionalizada, presionada, condicionada… devaluada.

Nos profesionais da política, todo o mundo está en pé de guerra. Na vida real, no mundo cotián, tan lonxano do anterior, o tema importa bastante menos. Non importa case nada. Ata cando seguirán separándose estes dous mundos?.Uns, os profesionais, non se enteran. Os outros, non teñen interese en enterarse. A guerra só afecta ós combatentes. Os outros son víctimas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES