Todo ten consecuencias
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 16 de julio de 2015
Cada causa produce un efecto ou todo efecto tren a súa causa correspondente.
Todo antecedente ten o seu consecuente e todo consecuente é froito do seu respectivo antecedente.
¿Certo?
Daquela podemos concluír que se o mundo vai como vai tanto no bo como no malo- é consecuencia dun determinado modo de proceder do ser humano.
Son moitas as veces que oímos dicir que esto ou aquelo vai mal, pero nunca se oe dicir:
¿En que medida eu tamén son responsable de que tal cousa vaia así de mal?
¿Por que será que nunca nos botamos a culpa a nós mesmos?
Pode que vostede sexa unha desas persoas que recoñeza que nalgún momento fallou aínda que fora inconscientemente; pero vostede tamén terá comprobado que a maioría dos humanos non pensan así.
¿Qué lle parece?
¿Será que andamos moi acelerados e non nos queda tempo para pensar en cousas tan serias como nas consecuencias do que facemos ou deixamos de facer?
Neste campo, teríamos que facernos moitas preguntas cada persoa a si mesma.
-Se sabemos que hai moita inxusticia no mundo, sacamos a conclusión de que é porque o modo de proceder dos outros é inxusto; pero:
¿En que medida podo colaborar eu co meu grau de area para mellora-la situación?
-Se constatamos que as relacións interpersoais deixan moito que desexar
¿En que medida me esmero e relacionarme educadamente coas persoas que me rodean no fogar, no traballo, na rúa..?
-Se os informes sobre educación din que en España estamos á cola dos países desenrolados
¿Por qué non melloramos a relación co profesorado en vez de censúralo?
-Etc, etc, etc.
Para enumera-las situacións cotiáns que necesitan mellorarse, precisaríamos ríos de tinta.
Se cada día dedicáramos un tempo a pensar nas consecuencias do que facemos, seguramente evitaríamos moitos erros e levaríamos una vida máis feliz.
A verdade é que as cousas van así porque a natureza humana é así. Podería ser mellor; pero dedica pouco tempo a pensar nas consecuencais dos seus actos.
Quizais irá ben pensar cousas tan sencillas como que temos una soa vida e se non a aproveitamos, malgastámola e se a malgastamos; botámola a perder.
A veces botamos a perder a nosa e máis a das persoas que máis queremos.
Nin somos felices nós nin a sociedade á que pertencemos.
¡Que pena!
¡Co bonita que é a vida!
Ese regalo tan valioso que se nos deu para que facendo bo uso dela- vivíramos felices dando e recibindo felicidade.
¿Por qué nos complicamos a vida máis do necesario?
¿Será porque a vida non ten suficientes complicacións?
Imos ter que XOGAR A DESCOMPLICÁ-LA PROPIA VIDA
Ese será o título do seguinte artigo, pero para eso haberá que dedicar algún máis tempo a pensar na importancia que ten -tanto para nós mesmos como para a sociedade na que vivimos- todo canto facemos.
Afortunadamente no mundo hai persoas moi reflexivas que pensan antes de actuar.
Grazas a elas o mundo vai o ben que vai.
Graciñas por terme na súa consideración nesta ocasión.
¡Aburiño!

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora