Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Imos a contar garolas

lunes, 25 de febrero de 2002
Coméntase que o presidente Bush fundou unha "Oficina de Garolas" para intoxicar e mentir (aínda que non teñan o mesmo significado, chegan a ser o mesmo cando se achegan ao resultado común). A prol de todo isto, xa podemos pensar que este modelo en todas as súas variantes será en pouco tempo importado ao noso país. Aínda que en España algunhas desas variantes xa as estamos a sofrir.
Algunhas axencias de noticias xa escomezan a intoxicar ao persoal, cando se intoxica, méntese ou infórmase a medias, chegando case sempre o cidadán informado a conclusións trabucadas.
Dicía Bertolt Brecht xa fai uns anos que, "corren malos tiempos para la lírica". Coido que en parte tiña razón, pero hoxendía tamén corren malos tempos para unha boa saúde democrática, estamos asistindo nestes primeiros anos do século XXI a un déficit democrático en tódolos eidos, en especial no eido da información tanto visual como escrita ao servicio dunha bafuallada cobizosa mundialmente coñecida.
Si falamos das Televisións a cousa é moito máis grave, os espectáculos da " papainada caixa" son unha aldraxe á intelixencia e confunden a moita xente. As novas xa veñen prefabricadas con un alto contido de intoxicación, inclusive coa perversión da linguaxe como: "politicamente correcto", "danos colacterales" etc.. Xa fai unha morea de anos que Marx falaba "del opio del pueblo" cando se refería ás relixións. Coido que nestes intres a T.V. é ese opio do pobo, xamais foi tan fantástica como agora, pero fantástica de surrealista e retrógrada, da noxo ollar algúns espectáculos televisivos.
Algúns medios e axencias de comunicación de masas, nestes intres xa dictaron unha liña: seguir moi perto o que dice o goberno de turno sen cuestionar as consecuencias nin dar opinións críticas. Esto é un paso que nos leva a un tipo de autoritarismo totalitario sofisticado e vixiante, a unha democracia godalleira.
Agora con esa "oficina-axencia de garolas" montada en E.E.U.U. polo Sr. Bush que perto escomezaran a comunicarse coas demais axencias mundiais, xa podemos estar máis ledos, xa podemos dicir que a mentira pode chegar a ser Lei e institucionalizada. Pero a realidade é outra, xamais podran colle-la Flor de Loto arredor da bosta que eles mesmos xeneran, e polo momento eu aínda coido que son dos poucos que atopan margaritas revolvéndome entre a bosta que hoxendía está a feder por tódolos corrunchos. ....... Imos a contar garolas tralalá, tralalá..................
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES