Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festas do Carme en Foz

martes, 14 de julio de 2015
Sempre as festas do pobo teñen unha doble compoñente de ledicia e de nostalxia, e para unha vila mariñeira o mar é festa principal, pois foi a súa razón de ser ao longo dos séculos, aínda que os tempos son outros e perdera tal primacía.

A forza física e anímica do mar non ten lindeiros, e sobre tan fráxil chan escribiron a súa historia de mágoas e ledicias, os focegos de tantas xeracións que levamos padecido, a maiores, as dramáticas resultas da barra de entrada á ría no noso particular “ triángulo das Bermudas” que servíu de móbil sepultura a tantos veciños, históricos loitadores pola supervivencia sobre as ondas do mar, a bordo de fráxiles embarcacións. É a focega unha historia dramática escrita a golpes de mar.

Son istes motivos que fan que se vivan estas xornadas, lúdicas e relixosas, con un mais fondo sentido solidario, expresado popularmente polo agarimo á Patrona á que ofrecen o traballo nada doado da confección das alfombras florais que poñen ós seus pés no longo percorrido polas rúas do que leva sido o barrio mariñeiro, o mais carismático de Foz, que conserva o talante, a personalidade e a idiosincrasia dunha actitude humana e social de características propias e diferenciadas.

Pero as xente do mar, tan sabidas de tormentas e borrascas; de tempestades e naufraxios, volven sempre ao mar, porque nel respiran a cotío aires de liberdade, pois como dixera o poeta francés Baudalaire “ o home libre sempre amará o mar”.

Por eso tamén, nesta ocasión proclama: ¡que soe a gaita!. ¡Que a súa alborada de Gloria anuncie ós catro ventos que Foz está de festa e que, o estoupido dos foguetes, espalle a boa nova por tódalas terras amigas, para que as súas xentes compartan con nós estes días de gozo, dun pobo que ten as súas raígames mais fondas no mar infinito, inconmensurable!

(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES