Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Velaquí, meu señor, o que gañei

lunes, 05 de junio de 2006
Velaquí, meu señor, o que gañei
durante tantos lustros de labranza:
unha alba plena neste alén florido
e unha rosa que agarda esa chamada

túa que aziña a saque daquel tártaro
onde os dous naufragamos onte tantas
veces e onde perdemos aquel lume
lene, aquela camelia leda e cándida…

Velaquí, Salvador, os meus talentos:
brinquedos que estraguei nas travesías
xogando cos meniños máis modestos.

Pódesme expulsar, ¡veña!, do teu reino,
que, inda que regresase a aquel abismo,
volvería tece-los mesmos versos.
Gómez Alfaro, X.C.
Gómez Alfaro, X.C.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania