Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fortuna da Chaira

lunes, 13 de julio de 2015
Asemella que ás veces as constelacións guiadas polos seres máis propicios atopanse nun punto no que se funden a terra e o trasmundo, nunha harmonía sen crebas, que deita unha fervenza de luz, de boas novas, dunha enerxía inesgotable para soñar e construír novos ronseis no comunal. Isto aconteceu a primeira fin de semana de Santiago na Chaira, o 4, festa de Santa Sabela en Outeiro de Rei, Manuel María é elexido para a Festa das Nosas Letras no 2016.

O poeta escribiu unha Novena a Santa Isabel, que publicou Xermolos, que é un galano místico maxistral da comuñón entre todas as criaturas. Esta escrita é un canto á Nai Terra dende o leito do seu terrón natal: o Miño, o Campo de Santa Sabela, os caneiros… Esta novena con vontade laica, pero ateigada da relixiosidade máis evanxelica, a autentica, é un opúsculo ecoloxista excepcional que arrequece o espírito e a paisaxe que nos envolve.

Este recoñecemento ao poeta veu acompañado da declaración do Camiño Norte como Patrimonio da Humanidade pola Unesco, porque unha luz acende outra… Manuel María foi o que descubreu toda a beleza deste camiño dende Foz ata o “Misterio e revelación da Fonte Vella ou de Álvaro Cunqueiro na cidade vella de Mondioñedo” … Non digo que inventara a Chaira que xa existía, pero sí que a deu a coñecer do xeito máis fermoso e fiel, no sentido da palabra latina “invenire”, é dicir atopouna e comunicouna coa súa palabra máxica, cantounos todos os recantos deste Camiño Norte, que souberon descubrir alén Galicia: os ríos Ladra, Madalena, Parga…, as feiras de Gontán e Vilalba, o Castelo dos Andrade, as paisaxes de Baamonde, San Alberte, O Xistral…

Acerta Xermolos ao celebrar esta hora prodixiosa no San Alberte, o 19, con poemas e contos do poeta de Outeiro de Rei dedicados a esta etapa do camiño, porque non hai mellor interpretación de todo este conxunto natural, artistico, literario…, ca súa emoción vivenciada na escrita. É un exemplo de como a literatura non é algo inxenuo, neutral, alleo ás inquedanzas das e dos cidadáns…, Manuel é o paradigma do galego comprometido coas angueiras do seu pobo é cumpriu con ese servizo de desentrañar as fibras máis intimas da nosa comarca e de todas as Galizas, para que arestora nos coñezan e veñan a visitarnos, peregrinando a Outeiro e tamén a Compostela, lendo “O milagre do Apóstolo Santiago que non figura no Códex Calixtino” ou as “Viaxes e vagancias de Manuel de Paderna”.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES