Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fando y Lis

viernes, 02 de junio de 2006
Está a piques de rematar o programa de actividades organizado con motivo do 75 aniversario do sufraxio feminino en España. As mulleres con algunha diversidade funcional ou discapacidade son as grandes ausentes e descoñecidas no marco de reflexión do conxunto das mulleres; por iso quero felicitar á Concellería de Muller e Benestar Social de Lugo por acoller propostas tendentes á procura dunha vida máis normalizada e integradora. Estou a referirme aos dous actos de peche do programa no que intervirán mulleres con diversidade funcional, algunhas membros do Foro de Vida Independente.

Non me corresponde a min adiantarlles nada da obra “Fando y Lis” da Compañía El Tinglao porque teñen oportunidade de vela. Si quero destacar que se presenta unha Compañía de teatro e danza que busca a beleza tamén na diferenza, que “cre nas posibilidades artísticas e creativas que poden brindar corpos diferentes e que potencia as facultades expresivas novedosas aportadas por persoas inusuais en escena”. Por todos lados chegan mensaxes co estereotipo de muller ideal e perfecta, esquecendo que a beleza física é algo efímero e que pode truncarse por calquera circunstancia do día a día. Sen entrar no argumento podo dicirlles que representa a dureza da vida de persoas que teñen que enfrontarse a unha dobre discriminación: ser muller e ser muller cunha diversidade funcional, e tamén quere servir de chamada a unha sociedade adormilada para que sexa consciente da realidade da violencia de xénero. Desde decembro contamos con lexislación, pero a “Lei orgánica de medidas de protección integral contra a violencia de xénero” apenas contempla ás mulleres con diversidade funcional.

Fago tamén unha mención á conferencia do último día: “A evolución da muller con discapacidade” impartida por unha persoa cunha lesión grave que é capaz de remontar a súa vida cando conta cos apoios necesarios que lle permiten vivir en igualdade de oportunidades. Está en trámite a “Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas dependentes” e non se entende que custe tanto recoñecer a importancia da figura do “asistente persoal” como complemento para paliar carencias físicas e compensar dificultades. Acostumamos a xulgar polas aparencias. Cómpre cambiar conceptos falsamente “preconcibidos” fixándose máis nas habilidades e non tanto nas discapacidades. De maneira especial, invitaría a asistir a representantes políticos para que entendan que as persoas con diversidade funcional temos dereito a ser donos das nosas vidas e que non se empeñen en promover residencias cando hai outras opcións que, curiosamente, non supoñen un incremento económico.

Vivimos nunha sociedade de estándares e todo se fai en función das maiorías. Son necesarias medidas que fomenten a autoestima e a participación en condicións de igualdade; de aí a importancia da nosa presenza en espazos que non son específicos do mundo da discapacidade.

Membro do Foro de Vida Independente
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES