Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aprender dos erros

jueves, 09 de julio de 2015
Din que é moi humano, cometer erros.
E tamén din que é de sabios, rectificar.

Ultimamente oio dicir ás persoas maiores que unha parte considerable da xente xove leva un ritmo de vida un tanto descontrolado, sen xeito nin rumbo:
-Que observan conductas que nunca antes observaran.
-Que os nenos de idades moi temperás xa queren mandar nas casas.
Incluso dan ordes ós proxenitores.
Algúns revíranse ós pais, incluso con máis que palabras.
-Que moitos adolescentes andan se control as fins de semana.
-Que unha boa parte do alumnado é victima do acoso escolar.
-Que outra boa parte do profesorado tamén se queixa do alumnado desde que entra na escola ata que sae.
-Que moitos profesores teñen que coller baixa laboral por estrés.

Se é certo, todo esto:
¿Qué está pasando?
¿Qué educación estamos dando para que os nenos se comporten dese xeito?
A este paso, o futuro dos proxenitores non se presenta nada prometedor.
E o futuro do noso país, tampouco.

¿TEREMOS COMETIDO MOITOS ERROS Á HORA DE EDUCAR?
Seguramente o fixemos o mellor que soubemos e o mellor que puidemos, pero os froitos obtidos non son os desexados.

¿SERÁ HORA DE RECTIFICAR?
Á vista dos feitos, supoño que si.
Nese caso:

¿QUÉ PODEMOS FACER?
Ó meu humilde parecer: reconsidera-la situación para constata-los erros cometidos.

¿POR ONDE TEMOS QUE EMPEZAR?
Cada quen por si mesmos e polo fogar.
Polo fogar. Eso sen lugar a dúbidas.
No fogar nacen tódolos éxitos e tódolos erros, tamén.
Non podemos disculparnos pensando que é o mundo quen ten a culpa ou os poderes públicos; aínda que ninguén quede exento.

¿QUEN O TEN QUE FACER?
Tódolos membros da sociedade e os da familia en particular temos que plantexarnos o cambio, analisando a situación social e a situación familiar, analisando a responsabilidade de cada membro:
-As autoridades teñen que dar normas moi claras de convivencia social e familiar.
-Os avós non poden encubrir ós pais.
-Os pais non poden consentir ós fillos.
-E os fillos deben obediencia e respeto ós superiores.
- Ten que haber disciplina tanto na casa como fóra dela

¿CANDO TEMOS QUE EMPEZAR A EDUCAR E A EDCÁRMONOS DOUTRA MANEIRA?
Din que non hai mellor momento que o presente.
Canto antes se atallen os erros, mellor que mellor.
É moi probable por non dicir seguro, que nalgúns fogares reine un ambiente “enrarecido” a causa das calificacións escolares.
Toca analisa-las causas:
¿Soubemos os adultos ocupa-lo lugar que nos corresponde?
¿Ten o neno ou nena un lugar axeitado para estudiar?
¿Ten televisión, tablet o móvil na habitación?
¿É aconsellable que os teñan?
¿Dedicámoslle tempo á infancia para saber como están, como se senten e como lles vai no colexio tanto co profesorado como cos compañeiros?
¿Mantémonos en contacto co profesorado dos nosos fillos?
¿Criticamos o colexio e ás autoridades, tanto civís como eclesiásticas, diante dos nenos?

Se así o facemos…
¿Qué favor lle estamos facendo ós nosos nenos?
¿Que favor estamos facendo para o tecido social do futuro que nos espera?
Quizais sexa bo momento este tempo de vacacións para uns e de traballo para outros, de replantexármonos o noso modo de proceder, porque está claro que así non dá o resultado que desexamos.
¿Por qué hai persoas que teñen éxito na vida e outras coas mesmas posibilidades: tropezan hoxe e tropezan un día si e outro tamén?

Está claro que o factor sorte infllúe moito, as ciscunstancias persoais de cada persoa tamén, as inxustizas socias tamén; pero:
¿En que medida somos nós mesmos os causantes dos nosos males?
Hai poucos días oía dicir que agora non existe o pecado.
Non quixen levarlle a contraria porque non era o lugar nin o momento adecuado.
Pero eu digo que se lle pode chamar como se queira, pero onde haxa un ser humano, hai fallos; uns son involuntarios e outros ben voluntarios.
¿Por qué digo ben voluntarios?
Porque todos temos una conciencia mellor ou peor educada, pero en calquera dos casos todos sabemos cando facemos ben e cando facemos mal.
Non é nada doado facer sempre as cousas como é debido; pero unha de dúas:
-Ou as facemos ben á primeira, a segunda ou á terceira.
-Ou padeceremos máis tarde ou máis cedo as consecuencias dos nosos fallos.

Porque en calquera dos casos sempre existe una estreita relación entre a causa e o efecto.

“TODO TEN CONSECUENCIAS”
Este será o título do próximo artigo.

Moitas grazas polas veces que rectificou sabiamente:, porque é vostede unha desas persoas sabias que andan polo mundo.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES