Fogar ou nazón de Breogán
Editorial - viernes, 02 de junio de 2006
O himno galego remata a súa primeira parte, máis coñecida, clamando pola vitalización ou reitalización da nosa terra: Desperta do teu sono, Fogar de Breogán.
A segunda parte, case descoñecida, da un paso máis entendendo que os tempos son chegados, e que a nosa voz pregoa a redención da boa nazón de Breogán.
A letra do himno é de finais do século XIX, e ahí estivo sempre como un poema ou como argumento para as nosas realidades ou para as nosas ilusións.
E chegados ó comezo do século XXI, cando uns considerabamos desenvolvo o Estatuto de Galicia e outros caduco, o termo de nazón anda a voltas entre nós, para incorporarse ó novo texto, para incorporarse á nova realidade.
A Real Academia Galega acaba de tomar partido, xa que o seu Presidente, Xosé Bamon Barreiro, ven de facer un chamamento ás forzas políticas galegas que traballan na reforma do Estatuto para que eviten discusións e se inclúa nazón como xeito de definir a Galicia.
Polo de pronto, e tanto se o novo Estatuto recolle ou non este concepto, os intelectuais usarán nazón para referirse a Galicia xa que así o fan tamén os antropólogos e etnólogos xa que Galicia ten unha cultura, un idioma e unha historia.
Non nos vale, pois, que se nos chame nacionalidade histórica, realidade nacional, ou outros eufemismos
Ou nazón, ou nada.
E o tema non tería importancia se non fose que ata agora estabamos en que España era unha nazón, polo que as súas partes eran algo menos. Se agora as súas partes, todas ou algunha delas, son nazón, que é España?.
E neso andamos. ¡Co axeitado que quedaba o de Fogar de Breogán. Pero como non hai concepto que cen anos dure, para este novo século precisamos outros, así que váianse preparando.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora