Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ítacas do futuro

miércoles, 08 de julio de 2015
Temos dous amigos e eu un pequeno grupo de whatsapp chamado Fundación Ítaca. O obxectivo deste grupo parte da idea de que se nos tocara a primitiva faríamos unha Fundación para axudar aos demais. De momento nin rastro e iso que lle poñemos empeño pero nos nosos soños Ítaca faise realidade nunha especie de ONG que presta servizos á comunidade.

A idea de Ítaca é unha idea que aínda hoxe me impulsa a camiñar, abríndome horizontes entre as sombras para seguir crendo en min mesmo e no latexo que me imprime o ritmo da humanidade. Teño que recoñecer que a idea de Ítaca, para min, sempre foi unha vila morena ao carón dun río de fraternidade onde bebo auga doce. Outras veces, en vez de Ítaca ou Grândola, dáme por chamarlle Urga por aquela outra canción do Zeca onde se prometía vencer desertos.

Vencer desertos quizais é a labor máis titánica que nos impón a vida e que implica proxectarnos con forza no futuro para impulsar a loita contra a intemperie. A estas alturas coñezo moitos titáns do amor que co seu traballo diario sucan a tempestade tecendo as Ítacas do futuro. Estas persoas son o meu exemplo e, obxectivamente, pódese dicir que son a forza que vira a proa desta sociedade. Por eles Ítaca, Grândola e Urga son posibles. Por eles un mundo solidario á altura de todas as mans está nacendo a pesares das desidias para tecer sosegos e benestares imprescindibles para quen loita dignamente.

Os nosos descendentes nacerán en Ítacas, Urgas ou Grândolas nas que cada vida sexa imprescindible e o goberno colectivo sexa un exercicio limpo que vele polo benestar de todos e todas sen xestionar miserias viles. As Ítacas do futuro chámanse liberdade, fartura e benestar. Todos e todas collen nas Ítacas, nas Urgas e nas Grândolas do futuro mais non todos nin todas chegarán porque aínda hai quen sinxelamente non as merecen...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES