Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un prezo demasiado alto

lunes, 06 de julio de 2015
Para que uns gocen da vida, outros teñen que derramar bágoas. Para que uns vivan ben, outros teñen que arrastrarse. Todo ten un prezo. Algunhas cousas téñeno demasiado alto. Para que uns vivan con alegría unha festa, outros traballan ata a extenuación ou ata dar a propia vida. Foi o que aconteceu o outro día en Berán, no concello de Leiro. Unha pirotecnia rachou a felicidade de dúas familias que se dedicaban a intentarlle alegrar as festas, a vida, ós demais.

Por unha risa, un choro. Por unhas festas, moita dor. Si, é lei de vida, pero nunca conseguiremos afacernos. Sempre se lembrará o lado negativo. Normal. Sempre impresiona máis o malo que o bo. Pero non por iso debemos esquecer que deron as súas vidas pola felicidade duns cantos. Creo que a maioría somos felices cando escoitamos os estrondos das bombas de palenque. Eu, persoalmente, sempre gocei coas tracas. E para que eu goce, unhas persoas xóganse a vida de continuo. Penso nesas familias e fago miña a súa dor.

Para que uns vivan ben, outros teñen que arrastrarse. E se non que llo pregunten ó pobo heleno. Estou peixe en economía, pero sei diferenciar entre ricos e pobres. E na Comunidade Europea hai países ricos (que son tales pola arte do birlibirloque) e tamén os hai pobres (precisamente por aquela arte do birlibirloque). E nestas diferenzas sabemos ben que o compromiso co máis débil sempre foi, é e será nulo. É dicir, os ricos máis ricos e os pobres máis pobres. Tamén é lei de vida, pero...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES