Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mercar unha vivenda

jueves, 01 de junio de 2006
Nunca tantas vivendas se construíron. Nunca tantas vivendas se venderon. Nunca tan caras estiveron as vivendas.

Tendo en conta os tres factores, parece que non encaixan, pero fai falla engadirlles un elemento máis: a relativa baratura dos intereses bancarios e a dilatada amortización dos créditos, co que o problema alóngase pero ten menor incidencia no día a día.

Somos máis de mercar vivenda que de alugala. Por ese noso innato sentido da propiedade, aínda que sexa mínima, queremos ter unha vivenda de noso. Mesmo como xeito de aforro, pensando no futuro é bo aventurarse e mercar, tendo en conta ademáis que a amortización e os intereses dunha vivenda poden resultar igual ou algo menos ca o seu aluguer.

As vivendas viñeron experimentando ano tras ano incrementos de entre o dez e o vinte por cento, chegaron ó vinteoito en 2004 e baixaron ó doce o ano pasado. Son incrementos desorbitados que un mercado normal non pode soster.

A normativa vixente pouco pode facer nun mercado de vivenda protexida sempre escaso, e un mercado libre no que o comprador sempre estará en franca desigualdade, no que os promotores son cada vez máis poderosos e controlan máis ferreamente a situación, e onde sempre hai posibles compradores, sexa cal sexa o precio, dispostos a pasar á atractiva situación de propietario dunha vivenda.

Ven agora unha nova Lei do Solo, que pretende aumentar a protección dos dereitos dos compradores, que eleva a porcentaxe de cesión obrigatoria de terreo por parte dos promotores ós concellos, e que busca estabilizar o mercado da nova vivenda para evitar a hipoteca case vitalicia de boa parte dos ingresos dos compradores de vivendas.

Tódalas Leis son ben intencionadas, aínda que a Constitución non indique que o Estado é “benéfico”, como antes se proclamaba. E seguro que esta nova Lei do Solo ten tódolos elementos para en teoría resgardar os dereitos da parte menos forte nesta desigual relación.

Poida que esta sexa a definitiva. Poida que non valla para nada. Poida que sigamos tirando como estamos. Pero boa falla nos fai que poña orde neste mercado multimillonario onde mercar unha vivenda é unha aventura, un dolor, e unha hipoteca para toda a vida.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES