Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Referendo Grego

jueves, 02 de julio de 2015
Desde o Preguntoiro: Referendo Grego

Da tanto noxo escoitar aos grandes medios e a tertulianos deste decadente país que, veñen falando de que son “europeístas” con mensaxes sensacionalistas e amarillistas de que “Greza vai camiño do abismo”. Como si ninguén a houbera empurrado, manda carallo na Habana con estes “mandilóns” das ondas e do papel.

Pero quen é o Presidente do Banco Central Europeo, pois foi un responsable da banca Goldman Sachs; banco que deu en quebra cando el era vicepresidente para Europa. Home que asesorou ao presidente de Greza Kostas Karamanlis (líder da dereita grega) como ocultar a verdadeira magnitude do déficit grego. Esta ocultación de fraude foi a que levou ata agora á crise da débeda soberana. Un personaxe negro como os corvos. Disto nada din os “mandilóns” das caixas tontas e os xornais.

Coido que debemos estar con Greza, non só polo seu ben que tamén será o noso, ante esta caterva de terroristas financeiros que está a construír unha Europa da Banca e os poderes das grandes finanzas, esquecéndose deliberadamente desa grande Europa dos pobos e social. Debemos estar con Greza, por solidariedade, dignidade e forza contra esta caspa de cobizosos corvos vestidos de negro. Contra este casta ladroa, delincuente que soamente entenden a democracia desde os seus intereses neocapitalistas, pero cando convocase un referendo, cando se lle pregunta ao pobo iso non é democracia. O Goberno grego, sabe que plantarse ante estes poderosos ten os seus custos, sabe que non soamente é un problema de ruptura das negociacións, pois no deixa de ser un intento de golpe de estado sen militares para tratar de parar aos partidos que están coa xente do común, unha táctica da Troika exemplarmente ante o xurdimento no sur de Europa de outra forma de facer política para o pobo.

Este neoliberais son fascistas (baixo a careta da democracia e a liberdade), non queren referendos nin nada que se lle asemelle, por iso neste país trocaron o artigo 135 da Constitución con nocturnidade e aleivosía para rescatar aos bancos e non aos cidadáns. Non se lle preguntou ao pobo sobre este troco a sabendas que prexudicaba á maioría do país. ¿Iso é democracia?.

En realidade un referendun é un camiño nobre para un pobo constituido na súa maioría de cidadáns activos e de pensamentos libre.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES