Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De partidos e políticos

miércoles, 01 de julio de 2015
Eu nunca estiven afiliado a un partido político, nin o estarei, Deus diante, porque os partidos teñen unha especial configuración interna, quizais necesaria para manter en pé as diversas agrupacións, onde cada afiliado resulta ser pouco máis ca un número dentro do conxunto, sendo o todo infinitamente máis importante que calquera das partes que o compoñen.

Escóitanse críticas –antes, agora, sempre- de que as agrupacións non teñen corazón, e o que o aparato decide é o que debe acontecer, obrigando a todos os membros suxeitos á disciplina partidaria, que non teñen máis opción que plegarse ás decisións do Partido ou deixar de militar nas súas filas.

No caso do Psoe lucense, mesmo Xosé López Orozco que seguía sendo –ou parecía seguir sendo- a gran esperanza bermella despois de catro lexislaturas controlando a política lucense, tivo que someterse a superiores designios e quitarse do medio para que Lugonovo e Bng, indispensables para que o Psoe ostentase o gobernó municipal, aceptasen apoiar a un Psoe no que non querían – non podían- ver ao sempiterno alcalde lucense.

Agardábase outro tanto na Deputación, de xeito que se o Bng lle puxo a proa a Martínez, alcalde de Becerreá, para ser Presidente da Corporación, o instinto gregario das forzas políticas faría que, disciplinadamente, este se fixese a un lado, para non ser un obstáculo diante dos supremos intereses partidarios.

Pero Martínez votouse a si mesmo, e desbaratoulle a operación ao seu Partido, que quedou composto e sen o gobernó provincial. ¿Significa esto que Martínez se vai do Partido? ¿Faranlle un expediente por indisciplina? ¿Daranlle a razón en base a que obtivo a maioría dos votos dos correlixionarios?.

Cóidase que ao Partido Popular lle vai ser difícil gobernar en minoría nunha Deputación marcada polo bipartito. Pero máis difícil lle vai ser ao Bng manter unha postura que xa o arredou de dous cómodos matrimonios de conveniencia, e especialmente difícil a un Psoe onde ha levar ben tempo lamber – xa non digo curar- as profundas feridas sufridas nos últimos tempos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania