Do fero localismo
Fernández, Suso - viernes, 03 de julio de 2015
Non é a primeira vez que nos referimos a George Borrow, coñecido por don Jorgito, el Inglés escritor, políglota, traductor e aventureiro, que vendía biblias protestantes polos camiños do mundo; foi un personaxe peculiar. Autor de La Biblia en España acadou grande popularidade. Nela relata as vivencias viaxeiras pola España de 1837. Borrow entrou en Galicia no verán dese ano polos montes do Bierzo; cruzou o Cebreiro e percorreu o norte que deixou por Ribadeo, rumbo a Asturias.
O andarín coñeceu unha Galicia atrasada e incomunicada, de millón e medio de habitantes, na que teimou en levar a Biblia ata os fins da terra. Don Jorgito atopou a Lugo pequeno, cuns seis mil habitantes. A súa estadía durou unha semana e logo colleo rumbo á Coruña nunha dilixencia con escolta de soldados: foi a Betanzos, Compostela, Padrón, Pontevedra, Ferrol
a Viveiro, Foz -onde pernoctou- e Ribadeo. Descrebe os costumes, o temperamento, a cultura, política e relixión das xentes e os moitos prexuizos que tiñan. Gabou a paisaxe e chegou a decir que, aínda sendo moita a miseria , non era culpa da terra senon dos homes.
Conta nun artigo María Victoria Armesto que na época de don Jorgito un tal señor García, notario en Pontevedra ,estaba convencido de que ésta era a mellor cidade de España. George Borrow coñeciao e foi ao seu despacho a venderlle unha Biblia. O notario díxolle: Eses tipos de Vigo andan dicindo que a súa cidade é mellor que a nosa e que Vigo debería ser a capital da provincia. ¿Pasaríalle polo maxín a vostede comparar a Vigo con Pontevedra?... Eu non lle podo contestar porque nunca estiven en Vigo, pero oín dicir que a súa bahía era a mellor do mundo, respostou don Jorgito. De acordo, meu señor,- asentiu o Sr. García, pero ¿quere decirme para qué se necesita unha bahía? Comentou don Jorgito que endexamais coñecera un país de tan feros localismos.
Se o trotamundos voltara pola bisbarra - o que nunca sucederá- ¿ qué pensaría de nós ao constatar que nos preto de 200 anos dende a súa anterior estadía moitas das mentes manteñen idénticas estructuras mentais?. Nós non apeamos: o noso é o noso, que dí o coñecido anuncio, e non vaia se-lo demo

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora