Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O teatro inclusivo como proceso creativo

miércoles, 01 de julio de 2015
Xa falei noutras ocasións do poder inclusivo do teatro e o seu papel de promoción da saúde socio-emocional das persoas. Facer teatro é un complemento tanto á fisioterapia como á logopedia que nos obriga a coordinar movementos e a manter un ton de voz na medida das posibilidades de cada un.

Alén disto é unha ferramenta inclusiva que pon cara a cara á sociedade coa súa propia diversidade, facéndoa consciente dun potencial oculto que non todo o mundo e quen de valorar. O teatro convértese nun elemento integrador que transforma ás persoas ata darlles unha proxección pública, tecendo unha interdependencia de equipo que se traduce na dinámica dos escenarios nos que cada persoa é un engrenaxe fundamental no fluír da obra.O teatro inclusivo como proceso creativo
Este ano “Les Felices” decidimos levar á escena unha versión de Pinocho e fixémolo introducindo ao mítico personaxe nos problemas dos nosos días, enfrontando, así, a nosa propia realidade. O guión que fiou, coma sempre, VictoriaTeijeiro foi medrando en distintas improvisacións que, pouco a pouco, fomos metendo en verea por aquilo de non caer nun disparate desproporcionado. De novo, os ensaios contáronse por gargalladas e os luns de teatro foron un tempo de esquecemento e de liberación nos que coido que “Les Felices” se foi consolidando como grupo. É fermoso dicir que este foi o segundo ano do proxecto e que se agardan máis. É fermoso medrar cunha xente na que confías e coa que tan ben o pasas, sabendo ao mesmo tempo que todos valoramos as evolucións persoais de cada quen. Quizais, por iso, somos un grupo aberto no que non sobra ninguén pero falta todo aquel que se atreva a probar sorte no teatro e con ganas de pasalo ben.

O teatro inclusivo é o mellor xeito de espertar a creatividade persoal fomentando, ao mesmo tempo, as relacións sociais e a empatía dunha maneira divertida. No teatro inclusivo calquera idea ten cabida e de todos depende o curso da historia que se vai formando no diálogo e nos xestos de cada quen.

Isto permítenos imaxinar e crear colectivamente tendo a ocasión de comprobar que os resultados do traballo colectivo e interdependente teñen un sabor máis doce polo feito de ser compartidos con xente que, en certo modo, está ligada entre si por un vínculo emocional.

Promocionar o teatro inclusivo é promocionar benestar socioafectivo; por iso, presentar este traballo en sociedade supón un berro fondo a prol dos ilímites e da inclusión, un berro a favor da vontade que nos ensina que coa forza do quero e do podo non existen as utopías e para os proxectos liderados por persoas que cren no seu facer aínda non se inventaron cancelas dabondo.

Un pracer pertencer a “Les Felices” que actuaremos o vindeiro venres 3 de xullo no Centro Cívico dos Mallos na Coruña.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES