Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Por...!

lunes, 29 de junio de 2015
¡Por Valencia!, ¡ Por Madrid!, ¡Por España!.
Cando oímos un “por” ao que se lle engade un patronímico ou un xentilicio formando un sintagma preposicional, póñensenos os pelos de punta como se nos vira o lobo, xélasenos o sangue e un arrepío invade o noso corpo estremecido, porque os recordos cobren a mente e inúndannos dunha desafección . . . ¡Por vosoutros morreu Xesucristo!, ¡Por Santiago!, ¡Por Deus!, ¡Por Alá!, ¡Por . . .! É un grito de guerra que sae do fondo do corazón, e parécennos os gritos das Cruzadas ou da Reconquista, que aínda hoxe aparecen nos nosos políticos cando os xenes da tardanza afloran pensamentos das persoas que nos queren enfrontar nesta democracia utópica e desleal.

Vénsenos á mente aquela máxima cantada “¡Por deus, pola Patria e o Rei, morreron os nosos pais. Por Deus, pola Patria e o Rei, morreremos nosoutros tamén!”; por iso, cando o “¡Por . . .!” campea nos micrófonos dos nosos políticos: ¡Polos galegos!, ¡Polos lugueses!, ¡Polos madrileños!, o xentilicio arrasa o noso corazón e eles ben saben que van a por nós na guerra dos sentimentos e da contenda política, mais para un gran parte dos cidadáns este ¡Por . . .” provócanos a desigualdade manifesta equivalente a ¡POR MIN!, ¡PARA MIN!, sen ter en conta os dereitos dos demais. Penso que a xente dedicada ao social non debe dicir nunca un “por” máis un “substantivo” porque a cidadanía e o amplo común dos mortais entendemos todo ao contrario do que nos queren predicar, - sen exemplos -, e cando imaxinamos na cadea falada a presenza dun “Por. . .” sóbesenos un non sei que á cabeza que nos fai pensar a verdade e entendemos o contrario do que eles con aleivosía nos intentan transferir.

Non nos poñan a nós por testigos, nin como causa da súa folgazanería nin da súa corruptela.

¡Por favor, benqueridos Señores do “¡Por . .” . . . . Pensen tamén no resto dos mortais.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES