Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nomeamentos a dedo

martes, 30 de mayo de 2006
O dixital (nada que ver coa Rede) é un procedemento utilizado na Administración para nomear persoal de confianza que realizará funcións de especial responsabilidade, de asesoría, ou de necesaria confidencialidade.

A duración do contrato deste persoal nomeado a dedo será -como máximo- a da permanencia no cargo da autoridade que nomea dixitalmente.

Tódalas administracións teñen o bo propósito de reducir o máis posible estes nomeamentos para que a profesionalidade dos seus funcionarios non se resinta. Pero unha cousa é o bo propósito previo e outra a realidade manifestada nos casos máis diversos, sen que ningunha administración se libre de caer na tentación.

A actual Administración galega tiña a intención previa de reducir sustancialmente os cargos públicos de libre designación, pero parece que o resultado non é o agardado por todos.

Acaba de criticalo Núñez Feijoo utilizando munición facilitada pola CIG, o sindicato nacionalista que se supón directamente vencellado a unha das forzas gobernantes.

Según esta crítica, manexando a lanza que a Cig pon na súa man, o goberno actual tería nomeado a dedo en sete meses máis de 1.000 persoas (entre designacións e confirmacións), superando os nomeados polo goberno do Partido Popular.

Esto é normal, sabémolo, en tódalas administracións. Estes postos son necesarios, complementan o funcionariado titular, enchen ocos nos organigramas, e calquera goberno precisa deles.

Non é malo, pois, que haxa nomeamentos. O que é malo é que o tema se utilice como argumento nunha confrontación electoral. Se non se é consciente da necesidade deste sistema, por ignorancia; se se é consciente, por falta de sinceridade.

Se algún día Núñez Feijóo goberna, nomeará outros mil e pico cargos de confianza. Porque tódolos gobernantes teñen facil o dedo de nomear.

Pero no caso dos actuais, o tema parece un pouco duro de asumir, e quizáis por eso Presidencia ven de anunciar a reducción radical destes postos, substituíndoos por prazas sacadas a concurso entre funcionarios. Agardemos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES