Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maquieira cabalga de novo

viernes, 26 de junio de 2015
Había tempo que non oía falar de Luis Maqueira Quiroga; había tempo que non escoltaba falar a Luis Maquieira Quiroga.

A primeira noticia que tiven del foi, a comezos dos anos oitenta, nos que tiña superadas aventuras de emigración e aventura, e -emprendedor sempre- promovía iniciativas empresariales, tendo detrás de si versos froito das súa experiencias nas Américas, HOJA DE SOMBRA, e outros posteriore, VERSOS DEL VIENTO Y DEL RÍO, e como antecedente primeiro o de ser fillo do arquitecto Maqueira, de tanto vencello coa capital lucense, onde diversos e orixinais edificios lembran aquel importante creador de obras de arte plasmadas en edificios perdurables.

Souben del logo que vivía na Nogueirosa, mesmo ao pé do Castelo dos Andrade que señorea Pontedeume. E por fin, que anda por terras pontevedresas desde onde se desplaza por Galicia promocionando os seus dous últimos libros.
Esa é a razón de que hoxe lembre a Luis Maquieira, autor recente de VERSOS DEL AGUA e CONTOS SEN IMPORTANICA, dos que me fixo chegar cadanseu exemplar.

Non é usual que un autor simultanee a publicación de dous libros –versos e prosas- e a min obrígame a facer reseña individual primeiro e conxunta despois, polo magnífico resultado literario conseguido por este aventureiro que, facendo honra á súa traxectoria e ímpetu perenne, afronta a autoedición e a comercialización nun momento especialmente difícil para as obras líricas, as épicas e as dramáticas.

VERSOS DEL AGUA
Ilustra este libro de xeito magnífico Javier Lillo, con paisaxes de terra adentro ou mariñas, con atención especial a Hospital do Incio (Luis -Quiroga, de segundo apelido- criouse na Casa Grande dos Quiroga, no Hospital) e á Muralla de Lugo; unha conxunción gráfica que arroupa e ensalza poemas cheos de fondura, de dor, de experiencia, de sensibilidade.

Maquieira cabalga de novo
Muerte a muerte,
ruina a ruina,
fiasco a fiasco,
maltrecha vas España,
sin que nadie te siembre
de esperanza.

El mismo tiempo
hace a la niña mujer
y al niño hombre,
el mismo tiempo
que nos hace viejos,
el mismo tiempo vuelve,
la ilusión en calma,
la alegría, en silencio,
la esperanza en nada.
El mismo tiempo
que nos da tantas cosas,
el mismo tiempo,
poco a poco,
nos vacía el alma.

Se nestes momentos se vende algún libro de poemas, labor farto difícil, estes VERSOS DEL AGUA teñen que estar nos primeiros postos da estadística que cada xornada fagan as librerías de Galicia.

CONTOS SEN IMPORTANCIA
Para acreditar que estes contos son importantes, contan co aval de Victor CampioMaquieira cabalga de novo Pereira, profesor e poeta ao que admiro e respecto desde hai un cuarto de século, quen indica que son “historias breves, de áxil e rápido feitío, que de seguida inducen á súa credibilidade, precisamente porque son auténticas”.

Cada conto leva o soporte de cadanseu debuxo de Manolo Ruibal, que nos ofrece sobrios, fermosos, sinxelos, rotundos anacos da súa obra.
E son contos que entendo que todos son verdade, que foi escoltando ao longo da súa vida, mesmo nas noites da súa infancia seguro que don Anxel Fole lle contaría algunhas das “historias que ninguén cre”, contaríalle “contos da neboa”, e el mesmo seguro que nalgún momento se planteou seguindo ao Mestre, “E dicímolo ou non o decimos?”. Afortunadamente para todos nós, optou por contárnolo.

VERSOS E CONTOS
Doble oferta literaria de Luis Maquieira Quiroga. É como se botase o resto, como se se declarase maior de idade na literatura e na vida, e así eu o tomo.

Efectivamente, Luis Maquieira, que xa tiña acreditado bo oficio de escribir, con estes dous libros licénciase e doutórase nunha mesma fornada despois dunha moi longa ausencia.

Vale a pena agardar pola obra dun autor cando esa obra chega, firme e madura; limpa, sinxela e concreta; a corazón aberto, coa man tendida, coa mirada limpa, coa sinceridade por norma, a pe firme; apoiada cada expresión coa súa palabra de honor.

Grazas, Luis. E ánimo. E noraboa!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES