Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A historia (triste) do porto de Foz

lunes, 29 de junio de 2015
A primeira noticia documentada que temos do noso porto, e da barra, data do ano 1634 na obra do cartógrafo portugués Pedro Teixeira, “Descripción de España y las costas y puertos de sus reinos”. No relato que Teixeira fai, dí que a tres leguas de Ribadeo sae ao mar un río que chaman Espiñeira e nel suliña a dificultade da barra “por ser case cerrada con banco de area”, e conta o episodio do que foi testemuña pola súa inaccesibilidade.A historia (triste) do porto de Foz
Cando a finais dos anos 40 do século pasado se coñecíu en Foz o proxecto de construcción do novo porto, no interior da ría, e ao pouco comezaron as obras, o que entón se fixo con aquela actuación foi poñer a primeira pedra do principio do fin do Foz mariñeiro. Xa unha ducia de anos antes o tiñan advertido os pescadores, pois Salgado Toimil, histórico mestre e un dos principais pioneiros promotores da creación da Confraría, secretario do mesmo e o seu portavoz, en maio do 36, no periódico DESPERTAR, tiña declarado: “para que Foz llegue a ser realmente un puerto pesquero sin los múltiples inconvenientes de barra cerrada ha de construirse éste a la altura de la pena do Escairo”; ou sexa, por fora da barra, pois según a Memoria do Pósito de 1929 ao referirse a ela di que,” a ambos lados de ésta, existen grandes bancos de arena que forman las márgenes del canal hasta el puerto, estando en una de ellas el enorme bajo de A Rapadoira el cual, por cubrirlo las aguas en la pleamar, constituye un serio peligro para la navegación…”unha tarde de outono de 1927 perecían na barra Francisco (Peruco) e Avelino do Solador, irmáns de Juan María Néciga, o histórico promotor dos asteleiros focegos que tanta sona deron ao noso pobo en tódolos portos do Cantábrico. Cando se atopaban pescando congro levantouse un vendaval que os arrastrou mar adentro. Os dous apareceron mortos, agarrados á bancada da súa lanchiña.

O Hidro era unha embarcación que chegara a Foz en 1930, procedente de Laredo, onde a mercaran Tristán Alonso e Manuel Blanco Muinelo. A tripulación formábana sete ou oito membros. Unha tardiña do mes de outubro de 1935, entre lusco e fusco, cando se dispuña a pasar a barra para entrar no porto, con vinte bañeiras de sardiña a bordo, envorcou quedando coa quilla para arriba. A maioría dos tripulantes puxéronse a salvo, pero dous desapareceron: Tristán e José da Palmeira, cuxos cadáveres aparecerían días mais tarde, Tristán nunha praia de San Cibrao e José en Salave, pretiño de Tapia de Casariego.

O 11 de setembro de 1931 o balandro Delfina Amalia perdeuse na barra, cargado de pedras de carburo. Fora construído en Noia.

O bergantín goleta Dolores cargou de sal en Santa Pola e fixo a travesía ata Foz. 0 10 de marzo de 1936 entraba no porto. Pasando a barra, o mar e o vento elevaron o barco contra o faro e dúas lanchas interviron logrando salvar a tripulación.

Era este cronista un adolescente pero lembra, daqueles tempos, o artigo que Manolo Lugilde, fillo homónimo do mestre que ten rúa na vila, publicara o artigo, baixo o título “La Ronqueira se queja”, no que lamentaba a decisión daquela ubicación, contraria ao que era o clamor popular.

Na Memoria Anual de 1933 do Pósito, incídíasese xa na importancia da problemática portuaria e laiábanse do “abandono en que lo tiene el Estado con su barra cerrada, a la entrada y a la salida de las embarcaciones...”

Entón, por muros e paredes, podíanse ler restos de pintadas precedentes: “SI QUEREIS PUERTO, VOTAD A BECERRA!!”. Había eleccións Pouco cambearon certas cousas dende entón… Manuel Becerra, natural de Castro de Rei, Subsecretario de Obras Públicas, presentabase a diputado pola nosa provincia. Como agora…

O 23-11-69, Alfonso Toimil, sobriño de don Ramón Salgado Toimil, publicaba o comentario, titulado “¿Qué pasa con el puerto de Foz”?, no que, entre outras cousas decía: “La barra de Foz es el nudo corredizo que con carácter permanente tiene el pueblo alrededor de su garganta. Si la villa no ha crecido más, industrial y demográficamente, ha sido por ese dogal. Hay que cortar inmediatamente ese nudo que oprime y asfixia la vida local”,

Polos anos 40, Foz estaba considerado como o primeiro porto de pesca e cabotaxe da provincia; e na nosa vila elaborábanse conservas de pescado en seis fábricas que daban nome e prestixio ao pobo e que empleaban a unha numerosa man de obra, especialmente feminina.

Delas a mais importante era a pertencente ao grupo de empresas de Damián López, empresario dinámico e progresista, con modernas instalacións nas que entón se cuidaban especialmente as medidas de hixiene, non moi prodigadas entón, nas que se aplicaban as mais avanzadas técnicas do marketing: dende a selección da materia prima, á fabricación, presentación e promoción do producto, a través dos aínda incipientes medios audiovisuais, e a distribución do mesmo.

Un artigo publicado no libro das festas de 1942, que reflicte unha serie de interesantes datos sobre a vila e o concello, dí: “en la actualidad cuenta Foz, como puerto pesquero, con la flota de bajura más importante de la provincia con 37 embarcaciones; 18 de gasoil y 19 de gasolina, tripuladas por unos 360 pescadores, las cuales, a pesar de las restricciones forzosas a que están sometidas, lo que les impide salir a la mar todos los días, han capturado en el año 1941 pescado por un valor superior a un millón de pesetas.

"Existen seis fábricas de salazón, escabeche y conservas, pero la mayor parte del pescado se vende al fresco, ya que aquí existe la típica “vendedora” de pescado en pequeña escala, que irradiándose por el interior de la provincia hasta la misma capital, distribuye por todas las aldeas y ayuntamientos el pescado que sus hijos, hermanos y padres sacan del fecundo golfo del Masma”.

“Foz, como puerto de cabotaje, ocupa también el primer lugar dentro de la provincia, saliendo por él la inmensa riqueza de sus cada vez más poblados bosques. Durante el año 1941 salieron del puerto de Foz, cargados de madera de pino, en forma de apeas para minas, tablón, tabla, tablilla para la fabricación de envases, 124 barcos con un desplazamiento total de 18000 toneladas”.

“La riqueza forestal es inmensa, es un abundante y constante filón del que se benefician todos los habitantes del municipio, que en vez de decrecer por la constante corta de pinares, va en aumento debido a que cada año aumenta la “cava” y siembra de montes incultos”.

“Existen en la actualidad en Foz tres pequeños astilleros para la construcción de embarcaciones de pesca de bajura. En los años 1917 a 1919 se construyeron veleros de 300 toneladas”.

“Para la realización de proyectos que, hace tiempo están siendo absolutamente necesarios, no sólo por el beneficio particular de la villa, sino también de la provincia, es necesario que cuanto antes se lleven a término la construcción del puerto pesquero, el drenaje de la ría y el puerto de atraque en la Punta do Escairo… también se está llevando a efecto el plano de población de la villa y alrededores de Foz, que siente necesidad imperiosa de expansión y en la que además, por su excelente posición topográfica, pueden hacerse ensanches y nuevos barrios que vayan marcando el progreso siempre creciente de la villa”

O naufraxio da lancha Eladina, en 1944, ocasiona tres víctimas: Amador de Castro, Cabrera de Forxán e Francisco Moreda, O Sangradeiro. Tres viuvas e dazasete orfos.

Sería ao ano seguinte cando Foz rexistraría a maior traxedia da súa historia. Tras celebraren as festas do Carme, as lanchas saíron ao mar á captura do bonito. Desátase un temporal inesperado e unha delas, a Jesús del Nazareno, cando voltaban a porto naufraga e perecen os seus doce tripulantes.

A importancia dos sectores pesqueiro e conserveiro en Foz foi por aquelas datas moi notorio, coa conseguinte repercusión na vida económica e social do pobo; e asi, a excelente costeira do “chicharron” do ano 1945 foi celebrada por todo o alto por ambos colectivos, con senllos bailes nos salóns de Ramón María de Cao, o “Rosalía de Castro”, e “La Sociedad”, de Jesús Cageao, “Papaíto”, bailes que se coñeceron coma “do oio” e “da escama”, respectivamente, entablándose as diferencias sociais por parte dos empresarios (a escama), que non querían verse mesturados coas clases mais modestas que representaban os mariñeiros. Foron istes, sen embargo, coa complicidade da orquestra “Sícora Boys”, de Grado, os que conferiron á noite o rango de “apoteósica”.

Só na fábrica de Damián López chegaron a traballar, en tempadas de maior demanda, mais dun cento de mulleres, cifra moi significativa se temos en conta que por entón apenas Foz pasaba dos dous mil habitantes. A fábrica convertíase así en centro importante de traballo e de relación.

Unha publicación da época, do Sindicato Nacional de Pesca, daba a seguinte información: “ En la costera del chicharro 1949-50 alcanzó la provincia de Lugo una gran cifra de capturas. La embarcación Dominga es, sin duda, la que bate el record, tanto en Lugo como en las demás provincias. Esta embarcación tiene su sede en el puerto de Foz. De los 40 días que duró la costera, no pescó más que 19. El resto, por causa de la depreciación de la pesca y los temporales, no pudo hacerse a la mar”.

“Dicha embarcación capturó 1.028.080 kilogramos de pescado, para cuyo transporte fue auxiliada por 50 más, que llevaron la pesca a puertos de la provincia de Asturias y a La Coruña”.

“Es lamentable que la falta de determinados elementos haya impedido que se saque de la costera tanto fruto como hubiera sido posible en mejores condiciones”.

Unha tarde do mes de setembro de 1950 a lancha Sebito, dos armadores Teodoro Moreda e José Morán, disponse a entrar pola barra, cargada de paparda. Párase por avería o motor e queda a mercede do temporal que a empurra contra a pena do Altar. Os doce homes da tripulación foron rescatados sans e salvos.

En agosto de 1954 a embarcación “Reiriz” atópase pescando ao bonito. Inesperadamente xurde unha tempestade arrepiante, a lancha vóltase xoguete das ondas e do vento. A tripulación, atemorizada, refúxiase no rancho. Alí os catorce homes, cos corazóns encollidos, pregan á Virxe que os libere do inminente naufraxio e cando, sans e salvos, se viron no peirao, a tripulación completa peregrinou, descalzos, ata o santuario do Carme en San Martiño para agradecer á Patroa a sua intercesión…

O día 5 de xaneiro de 1955 perecía na barra José Luis Moreda, o fillo do Foxego.
Cando a pequena embarcación “Club”, equipada con motor Martínez Diesel, construído en talleres focegos, entra pola barra en setembro do mesmo ano, un golpe de mar botouna a pique e os seus tripulantes -Mancha, Paparuxo e Patarroxa- foron postos a salvo.

O 18 de maio de 1961 saía pola barra o “Pacheco”. Por mor do mal tempo, e o mar picado, quedou sen temón, O seu tripulante Ramón Eiras, Chonía, perdeu a vida.

O 22 de decembro de 1963 varias lanchas que pescaban á altura de Fazouro foron sorprendidas por un temporal. A embarcación “Hermes”, de Burela perdeu a tres irmáns.

A motora “Casablanca” fora construída en Foz en 1958. O 22 de novembro de 1966 saíu do porto con dúas persoas a bordo para largar os trasmallo fronte á praia de Llás. Xa de volta, entrando pola barra, chegoulle pola popa un golpe de mar que mergullou a lancha baixo a auga. Os náufragos foron rescatados por dúas pequenas embarcacións que se atopaban nas proximidades.

O 12 de setembro de 1968, cando pescaba á tarrafa o pesqueiro “Villa de Foz” sufríu unha vía de auga e afundiuse. Ás chamadas de auxilio acudiron varias lanchas que recolleron aos catorce tripulantes.

Ao pouco tempo o popular Manolito de Castro afogou cando, pretiño da barra, pescaba ás cabras,

O “Felipe” era un patache que se afundíu ao entrar pola barra, cargado de cemento, sen que se produciran desgracias persoais.

En xaneiro de 1975, entrando un iate francés pola barra, o mar mandouno a bater contra a pena Rubia. Morreu o capitán que era monitor de vela.

A celebración do Nadal de 1977 viuse envolta pola traxedia e polo loito. O 21 de decembre o pesqueiro Suárez Iriarte, con base no porto de Ribadeo, naufragaba a oito millas ao norte daquela ría. Dos seus trece tripulantes seis foron recollidos con vida por un cargueiro extranxeiro que navegaba polas proximidades. Dúas das víctimas eran focegas: Xaime Insua e Ramón Lombán.

O 25 de maio de 1981 atopándose o "Ruiz Rey” pescando preto da costa, Emilio Val, de Plácido, largou o aparello e foi arrastrado por él, sen que os compañeiros se decatasen. Ao pouco o cadáver flotaba entre as augas.

O 13 de xuño de 1982, Manuel López Lousas, popular mariñeiro que todos coñecíamos por Jalisco, anda no seu bote á robaliza, preto do Prado de Ramos. De súpeto encrespouse o mar e soprende ao navegante que saíu despedido. Unha lancha foi á súa busca, pero chegou tarde a salvarlle a vida. Foi no lugar chamado A Chá.

O 23 de febreiro de 1988 a lancha “Nuevo Carrindi”saía pola barra, outra vez o fatídico lugar!, e o mal tempo desprazouna contra as penas do faro e no incidente Carlos Novás perdeu a vida. Tiña 32 anos de idade…

En 1969, José Gómez (Pepe da Pereira), Patrón Maior da Confraría, declaraba: “o noso maior problema é a construcción dun novo porto”.

O 8-8-71 José Otero, Patrón Maior: “Nuestro puerto es el principal problema; prácticamente no podemos entrar con los barcos; si lo venimos haciendo es con mucho riesgo. La entrada sigue siendo muy difícil, con ello el perjuicio económico es grande… Las obras que se realizan con el fin de fijar la barra no creemos que den resultado”.

14.4.89.- Escrito da ACIA ao concello: “Hace algunos meses, la corporación municipal, anterior a la moción de censura, había iniciado una serie de gestiones encaminadas a lograr la construcción de un muelle de atraque en la zona de A Verde que esta Asociación. considera de gran transcendencia para el futuro desarrollo económico de nuestro municipio, y que según muchos expertos constituye lugar idóneo para la construcción de dicho puerto.

Esta Asociación solicita se le informe de si Vds. han continuado dichas gestiones; caso afirmativo cómo se encuentran y, en definitiva, cual es lala opinión de esa Corporación y el criterio de la misma con relación a dicho tema…”.

No número 8 (11/90), do Rompeolas, publicación do Clube Náutico, Jesús Castiñeira, presidente da Confraría, declara “o mellor sería facer un porto na Verde, que viría a solucionar tódolos problemas...”.

En reportaxe sobre os asteleiros publicado en El Progreso o 9-8-80, dise: “Foz, que gozó del esplendor y gallardía de su flota, se va haciendo más chiquito cara al mar. Primero fue la falta de calado lo que obligó a buscar otro puerto a los boniteros ante el peligro de atravesar la barra…”.

O día 14/11/90 este cronista publicou o artigo “El puerto de Foz ayer, hoy ... y mañana?” no que, entre outras cousas, dí: "Foz necesita perentoriamente resolver el viejo, el crónico problema que ha venido no sólo yugulando el desarrollo de su industria pesquera. sino provocando, a lo largo de los años, su declive; necesita un puerto en el que la entrada y salida de sus embarcaciones en todo momento permita el desarrollo de su actividad y eso sólo se lograría con un emplazamiento exterior a la ría, ya que de poco sirve que se consiga cierto calado en el interior porque ¿cómo se entra y se sale de él?¿Qué se hace de la barra?".

16.7.99.- José María Neira López, Patrón Maior da Confraría: “O mellor sería facer un porto exterior, que o levamos pedindo desde que se pode pedir algo neste país, pero chegou a democracia e aínda seguen sen facer nada ó respecto”.

3.1.02 Dunha entrevista co presidente da ACIA: ”O porto no interior da ría constitue un trauma na historia de Foz. I eso será falar do pasado, a non ser que prospere a proposta do porto exterior para o uso deportivo e pesqueiro”.
Ahora que se baraja la posibilidad de una instalación portuaria en la zona de A Verde, todos los focenses, en actitud ilusionada, debemos de arrimar el hombro e instar al unísono a las autoridades correspondientes para que afronten las obras precisas, que no tienen por qué ser de excesiva magnitud, pues todo tiene un principio, ni por tanto de prolongada espera. Reclamemos desde todas las instancias esta justa reivindicación, sin interferencias de peticiones paralelas, que sólo sirven para justificar a las autoridades de turno una atencion a Foz que nada resuelve…” (20-9-93).

“La construcción del puerto exterior de A Verde fue uno de los temas de la reunión que mantuvieron candidatos del PSOE al Parlamento Gallego y representantes de diversas asociaciones focenses. Coincidieron en la necesidad de construir el puerto, no sólo para mantener la actividad pesquera, sino también para potenciar el turismo. El presidente de A.C. I. A. indica que la realización de la obra es de vital importancia. No sólo desde el punto de vista pesquero sino también turístico “ya que contaríamos con lugar idóneo de atraque para barcos deportivos No se puede cometer el error de continuar ejecutando obras portuarias en la ría, como sucedió con la dársena de Porto Chico, con la que se masacró una playa sin que por otra parte se resolviese el problema el nuevo espigón sirviese para algo”.

26.9.06. Artículo deste cronista “O porto deportivo”. “…A estas alturas, e tras longa agonía, sabemos todos que a actividade pesqueira do noso peirao é irrecuperable, pero ¿qué papel vai a xogar Foz no organigrama promovido por Portos de Galicia para dotar ó noso litoral de instalacións náutico-deportivas, da entidade requerida?… No libro “Evolución dos portos nas poboacións costeiras da Mariña Luguesa”, editado hai algúns anos pola Xunta, referido a Foz, dise: “… O esplendor do porto viuse e vese refreado por unha barreira areosa que se recosta sen fin no leito do Masma…”.

O noso comentario remataba: “…de non mudarse os plans, (e non detectamos intención), moito nos tememos que non vamos a tocar instrumento algún no concerto nautico-deportivo do norte galego e polo tanto á marxe dos benéficos efectos”...

11.3.08. No noso artigo “Nen Porto nen PAC” decíamos: “Nalgún intre, responsables autonómicos do sector aventuraron que o futuro turístico da Mariña -amén das praias e a riqueza cultural e paisaxística- basearase nas actividades lúdicas e deportivas, entre as que sinalaban a náutica e o golf, ou mesmo a caza maior, o que fixo que se avivase a vella aspiración do porto deportivo; pero sabemos todos que sen unhas instalacións exteriores non é posible. As decraracións dos políticos -de todos- tiveron sempre un senso mais engaiolante que resolutivo; mais para a galería e a demagoxia (ou sexa, o engano) que co obxetivo real de afrontar a solución pois hai algo indudable: os de Portos non están, nen nunca estiveron, polo labor. Así, con esta contundencia, o dixera a este cronista en certa ocasión o Sr. Irisarri que á sazón dirixía o cotarro.

Hai mais de 4 anos o sucesor do Sr. Irisarri estivera en Foz e, en reunión convocada polo señor alcalde, aproveitou para decir o de sempre; pura demagoxia, como iste cronista lle fixo constar, mesmo co cabreo da autoridade municipal; pero, eso sí, a promesa estrela (que nada resolve) era que “de contado” ían dragar a dársena… e pasa de 4 anos sen dragado. O PAC e o Porto van no mesmo lote…” ¡Cánto hai que escoitar, Señor!.

Sen dúbida que se dragará… e saberemos, unha vez máis (cantas?), que de nada val. Esta que deixamos escrita podería ser, en sínteses, unha historia (triste) do porto de Foz que ten o seu punto mais dramático na barra indómita á que hai moitos anos este cronista definíu como “o noso particular Triángulo das Bermudas”, nunca resolto polos gobernantes, sobre os que en boa medida recae a responsabilidade de tanta morte.

Nunca os responsables políticos, nen os dictadores de onte, nen os os posteriores “demócratas” de hoxe, quixeron salvar a faceta mariñeira de Foz, aínda que falamos dun pobo que no ano 1943 tiña a flota de baixura mais importante da provincia: 37 embarcacións (18 de gasoil e 19 de gasolina), de todas clases tripuladas por 3960 mariñeiros e era tamén dos que mais, senon o primeiro, primeiro en capturas.

É decir, nen o presente nen o futuro para o noso pobo contempla a pesca nen a náutica. Sería bó que os nosos políticos, todos eles, dunha vez, dixeran a verdade, sen alimentar falsas expectativas. Ou sexa que desbotaran dos seus modus operandi a permanente mentira e a demagoxia. É decir, que recuperasen unha dose de honestidade.

ASTELEIROS
Según o Licenciado Molina no s.XV “constrúyanse gentiles navíos y de mucho porte”.
Nos tempos modernos os primeiros, a principios du s.XX establecéronse na Espiñeira. Alí construironse os cargueiros Avelino, Electra del Masma e Espinera-Mondoñedo.
O ano 1916 instala o seu asteleiro Juan Marìa Néciga que sería o mais carismático ds historia dos carpinteiros de ribeira focegos. Disfrutou de grande prestixio construíndo barcos para todos os portos do Cantábrico. O ano 1989, do seu taller saíu o que naqueles intres era o pesqueiro de madeira mais grande do mundo con destino á flota do guipuzcoano porto de Orio. O seu nome era Berrizgure Naia (De novo nosa esperanza). De 38 m. de eslora e 18 homes na tripulación.
Máis tarde xurdiron os de David del Riego, José Lestegàs, os Irmáns Beltrán Ares, César Beltrán e Santiago Pérez Mariño.

FABRICAS DE CONSERVAS
A mediados do s. XVI había polo menos unha fábrica de salazóns. A principios do XX as de Salvatierra e de Silvarrey e anos mais tarde a de don Luis Gutierrez, Damián López ou Conservas Dalo, Galván, Juanín Carrigal, Conservas Ollo do Mar e San Juan.

RELACIONS CO LESTE
Foi especialmente intensa a relación dos mariñeiros focegos cos portos de leste sobremaneira con Ondárroa e sobre todo con Laredo con unha longa historia que fala de solidaridade, de apoios mutuos, de convivencia e de estreitas relacións: ámbolos pobos téñense dedicadas mutuamente a “calle de Foz” e o “paseo de Laredo”. A experiencia iniciárase polos anos vinte. O laredano don Luis Gutiérrez, conserveiro en Foz, ante a abundancia de sardiña na nosa zona, animou a mariñeiros do seu pobo a desplazarse aquí á pesca dela; así o fixeron algunhas embarcacións e as capturas eran tan pródigas que o peixe apenas se cotizaba de forma que os desplazados nen sequera cubriron gastos. Eran tempos moi miserentos e os lardéanos, sen recursos para cubrir as necesidades elementais foron acollidos nas humildes vivendas focegas compartindo con eles a súa pobreza. Anos mais tarde produciáse o éxodo de embarcacións fpcegas ós portos de leste á captura do bocarte e as xentes de Laredo volcáronse en atencións cos mariñeiros de Foz. Unha vella canción daba conta desa realidade e mesmo unhas estrofas dela, decían:
“A las chicas de Laredo
las tenemos que alabar
que nos lavaban la ropa
y no nos querían cobrar..."

NOME PARA O COLEXIO
No libro “Foz: o mar e as xentes”, dicimos: “Foz é mar". A tradición mariñeira da vila reflíctese en tódalas manifestacións. O talante dos seus habitantes, o carácter paroleiro e amablemente acolledor, a fértil imaxinación e a súa simpatía, definen a idiosincrasia dunhas xentes afeitas a esculcar lonxanos horizontes, e a vivir no seu entorno a aventura cotiá que determina a fraxilidade do home ante a inmensa forza da natureza, desafío que moitas veces tórnase traxedia. É a historia de Foz modelada pola infruencia decisiva que o mar, físico e anímico, imprime ós humanos. Será por eso o mar a meirande referencia de todo un pobo porque é a súa hiatoria e neste caso a alusión a èl para a nominación de unha institución da transcendencia de un centro escolar para o desenvolvemento cívico e intelectual da súa poboación non debe eludir a realidade inmutable do seu condicionante existencial...

Colexio Público “Mar de Foz”.
Colexio Público Barlovento”.
Colexio Público Pena do Altar (topónimo) de Foz.
Colexio Público de Foz Torquea de Marzán.


(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES