Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Resistiremos

jueves, 25 de junio de 2015
Que vivimos en tempos revoltos, xa case ninguén o pon en dúbida:
Admíteno as persoas que entenden de política, as que entenden de economía, as que entenden de educación, as persoas de empresa e tamén as familias.

O feito de que moitos sectores o recoñezan, significa que chegaron á conclusión de que algo hai que facer para saír deste bache.
Porque somos un pobo forte, un pobo valente, un pobo que leva superado moitos atrancos ó longo da historia…
E nesta ocasión, non imos ser menos.

Sacaremos forzas de onde sexa con tal de que as augas volvan ós seus cauces.
Resistiremos, pero para eso teremos que armarnos de moita disciplina.
Claro que resistiremos.

Os poderes públicos terán que dar normas que conduzan ó pobo a un bo porto.
¿E por que non dicilo?
Os poderes públicos tamén terán que reconducir o seu modo de proceder para correxir erros do pasado.
¿Ou non?

Eso si; coa colaboración cidadá que tamén ten a súa parte de responsabilidade.
Non podemos pasa-la vida botándolle a culpa ós outros.
De tal xeito que: “ uns polos outros, a casa sen varrer”.
Todos temos que aporta-lo noso grau de area, se queremos que o noso país funcione.
Empezando polas persoas adultas que ostentan cargos de responsabilidade e acabando polos máis pequechos.

Acabamos de pasar unhas eleccións que falaron moi claro da situación pola que estamos atravesando.
Cada quen terá que tomar boa nota da responsabilidade que lle toca asumir para actuar como un pobo unido.
Se nos unimos, venceremos. Se nos dividimos, facilitaremos o ataque inimigo e acabaremos mal.
Uns máis e outros menos, pero todos teremos que reconduci-la nosa vida; empezando pola vida de familia.

A min paréceme que os signos destes tempos son unha chamada á conciencia de cada quen.
¿A vostede que lle parece?
Somos os adultos o que temos unha lousa moi pesada ás nosas costas á hora de educar en conciencia ás xeracións futuras para que saiban conducirse e non dean orixe a situacións indesexadas.

Os nenos de hoxe serán os que rexirán o noso futuro.
Temos que ofrecerles uns valores educativos que eviten que caian nos mesmos erros que caemos nós.

Non basta con mandalos á escola para que reciban unha instrucción mellor que a que recibimos nós.
Eso é necesario pero non é suficiente.
HAI QUE EDUCALOS NA CASA, NO SEO DA FAMILIA.
A familia ten moito peso na sociedade.
A familia é a base na que descansa a pirámide social.
SE A FAMILIA FUNCIONA, A SOCIEDADE FUNCIONA.
O labor de educar é responsabildade do fogar.
NON SE PODE DELEGAR A EDUCACIÓN NOS ALLEOS.
Cómpre exerce-la maternidade e a paternidade responsablemente.

¿SERÁ ESA UNHA DAS CAUSAS DOS NOSOS MALES?
¿Levaremos tempo “superprotexendo” ou “abandoando” a educación da infancia?
¿POR QUÉ REACCIONA COMO REACCIONA A XUVENTUDE DE HOXE EN DÍA?

Os males son moitos e as causas, tamén; pero se facemos algo por mellora-la calidade de vida na familia, xa faremos algo bo que dará bos froitos nun futuro próximo e prometedor.
¿Animámonos?
¿Animámonos a dar mellor calidade de vida ós que máis queremos?
¿Apostamos por educar máis e mellor?
Tarefa difícil, pero non imposible.

“EDUCAR MÁIS E MELLOR” será o título do próximo artigo.
Grazas por aguanta-las súas mans no timón do barco da vida, aínda que o temporal arrecie.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES