Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O hospital asilo de Vilalba (39)

jueves, 25 de junio de 2015
Ano 1933 (II)


Do Concello. Sesión de 30 de outubro. Continúan as controversias entre os grupos municipais. «Faro Villalbés» e o concelleiro Gayoso atacan ó alcalde a quen acusan de actuar á marxe da legalidade: no mes de abril fóralle fora retirada a confianza e non convocaba sesións ordinarias, senón supletorias, e por celebrarse máis de tres seguidas, non eran legais.

De Santaballa. O «Deportivo Santaballés» vén celebrando diversos encontros con diferentes resultados. Contra o Cabreiros gañou por 2-0 contra o Mourente, con reforzos de Vilalba houbo empate de 2-2. Destacado foi o partido que tivo por opoñente ó «Juventud Sporting Club» de Lanzós no campo de Cabreiros. O partido levantou moita expectación en parroquias veciñas e o público asistente era moito. Por desgraza só durou 70 minutos por atrasárense os de Lanzós e ter que suspenderse o partido con empate 0-0 ó chegar a noite. Contan as crónicas que dominaba o Santaballés.

Catedráticos para Vilalba. A Gaceta do día 31 de outubro publicou os nomes dos novos catedráticos destinados a Vilalba: Alfonso Martínez Vázquez, catedrático de Xeografía e Historia e director; Ricardo Sábada y Sanfrutos, catedrático de Física e Química; José López Giménez, catedrático de Debuxo. O Decreto do Ministerio de Instrución Pública polo que se creaba legalmente o colexio non aparecería ata o 28 de novembro.O hospital asilo de Vilalba (39)
Padroado Provisional do 14 de novembro. Carta de Agustín López Arias. Don Agustín López Arias presenta a súa dimisión irrevogable nunha emotiva carta da que queda constancia literal no libro de actas:
10 de noviembre de 1933. Sres. del Patronato pro construcción del Hospital Asilo de esta villa –Villalba– Muy Sres. míos y distinguidos amigos: Debido a las contrariedades que sufro con motivo de la cesión que este Patronato tiene que hacer para la instalación del colegio subvencionado de segunda enseñanza, que se ha conseguido para esta localidad, mi delicada salud y avanzada edad, me veo obligado a molestar su atención para presentarles la renuncia con carácter irrevocable del cargo que de Presidente del mismo me habían confiado, debido a lo siguiente:
1º. A no estar conforme en que se instale dicho colegio en el edificio para hospital asilo por haber sido construido a expensas de las personas piadosas, con el objeto de proporcionar un hogar, donde aliviar los males de los pobres enfermos y de los que en los postreros días de su vida no tienen donde guarecerse de las inclemencias del tiempo y de las ingratitudes de la vida, para lo cual contribuyeron con sus donativos todos los que en su mayor parte simpatizaban con su obra y no se les ocurrió la destructora idea de que ahora se ceda para otro fin, del que fue iniciado cuando estaba en vísperas de empezar su funcionamiento.
2º. Con el propósito de dar una satisfacción a todos los que nos honraron con sus donativos y poderles demostrar que si mis ruegos y peticiones fueron para la construcción del hospital asilo no quiero que hoy se me atribuyan culpas al cederlo para otro fin y dejar de ser censurado como se está haciendo, por oponerme al cambio que se va a hacer de lo que tantos sacrificios y desvelos nos ha costado; de esta forma no entorpeceré por más tiempo a la culta Comisión del colegio subvencionado, aunque no supiesen ahondar en nuestros sentimientos, al dejarse llevar de las pasiones bien o mal intencionadas de los menos.
3º. Debo de hacer presente que para todo lo que signifique mejoramiento y progreso para nuestro municipio, fui siempre un entusiasta, no de palabrería, pues mi trabajo por el perfeccionamiento de la instrucción se puede ver en donde se construyere alguna escuela iniciada por los «americanos» y como tengo demostrado para que el colegio subvencionado de esta villa fuese una realidad, ofrecí mi pequeña ayuda económica consistente en mil pesetas anuales mientras mis hijos cursasen el bachillerato en esta localidad, siempre que dicho colegio se instalase en otro edificio o se construyese nuevo con lo cual se proporcionaría a la clase obrera el trabajo que tanto precisa. Nada más y perdonen estas mal hilvanadas líneas haciéndoles presente mi agradecimiento por las atenciones que en todo momento me han dispensado y si en alguna cosa puedo serles útil, particularmente, siempre me tendrán a su disposición, no regateando mi reconocimiento a todos cuantos contribuyeron con algún medio, para la construcción que realizamos del tan repetido Hospital-Asilo.- Su aftmo. amigo y s.s.q.e.ss.ms.- Agustín López- rubricado».


Inauguración do colexio subvencionado. Festexouse cun acto que tivo lugar o 3 de decembro. O día presentouse chuvioso, pero a vila lucía colgaduras que engalanaban as casas. Ás seis da tarde, en procesión, o alcalde e demais integrantes das forzas vivas achegáronse ata o edificio onde agardaba o claustro de profesores e os alumnos. Tamén asistiu o inspector de primeira ensinanza, Víctor Ballester Gonzalvo. Despois dos correspondentes discursos celebrouse un «lunch» no hotel Chao.
Ó día seguinte a «Comisión prores a unha cea no hotel «Vizcaíno», acto de fraternidade onde se
brindou e houbo discursos. Foi probablemente neste acto cando Sebastián Martínez Risco leu uns versos alusivos a un episodio do que fora actor Jesús Ramil quen, viaxando camiño de Madrid por terras de Zamora en unión doutros integrantes da «Comisión proInstituto», andaba preguntando por unha planta chamada «quebraarados» en perfecta lingua de Curros ós asombrados paisanos.

Xunta directiva da «Unión Villalbesa y su Comarca» Informa «Faro Villalbés» que para o ano 1933-1934 quedou constituída por: Ramón Rey Fraga, presidente; Manuel Crespo Millor, vice; Víctor Oseira Pardo, secretario; Manuel Naseiro López, vice; José Balseiro Rubal, contador; Rosendo González Otero, vice; Bernardo Cendán González, tesoureiro; Ramón Paredes Paz, vice. E os vogais, Manuel Leal Otero, Avelino Fernández Verdes, Antonio Tenreiro Piñeiro, Elías González Roca, Juan A. Fraguío, José López Vázquez, José Castro Lozano, Manuel Castro Insua, Francisco González Gutiérrez, Manuel Otero Carreiras, Manuel Ceide López, Mariano Roibas Cordero, José García Tenreiro, Carlos Díaz, José Ma Castro Verdes e Francisco Leal. Vogais suplentes, Daniel Paz Díaz, Domingo González Roca, Antonio Castro, Manuel Fernández, Jesús Cuba Restrebada, Francisco Cabarcos Rego, Manuel Yáñez Orosa e Aquilino Fernández Núñez. Comisión de Glosa, Agustín Somoza Verdes, Francisco González Rey e Alfredo Blanco Guerra.
O hospital asilo de Vilalba (39)
Reflexión. Chegados a este punto, cómpre unha pausa nos acontecementos. Apuntaba Agustín López Arias que os fondos enviados para edificar un hospital e asilo onde se cubrisen as necesidades médicas dos máis desfavorecidos da sociedade desviábanse para atender outra necesidade sentida, a educación. Sanidade e Educación son e serán as bases fundamentais para que a sociedade se modernice e avance cara ó estado do benestar. Nos tormentosos anos da década de 1930 a iniciativa dos dirixentes locais priorizou un deses piares. Cambiar os fins fundacionais supuxo transgredir a vontade de moitos que con ilusión e esforzo aportaron traballos e recursos económicos a unha causa na que crían. É dicir, a vontade de moitos durante moitos anos foi desviada por uns poucos en breve tempo. E parafraseando a Agustín lópez Arias, non se cuestiona aquí a necesidade da educación para todos. Lamentablemente non coñecemos cal foi a reacción dos integrantes da «Unión Villalbesa y su Comarca» ante estes acontecementos. Supoñemos que a sociedade reorientaría os seus esforzos á axuda e socorros mutuos. Tampouco coñecemos ata cando estivo activa nin que foi dos seus recursos, pero si sabemos que se mantiña, polo menos nominalmente, en 1953. En todo caso é ben significativo que non se volva nomear a sociedade nas actas do Padroado da Fundación. Semella que rematado o edificio e modificado o seu destino, desapareceron as ilusións postas nun proxecto social tan transcendente.
Máis adiante reprodúcese un recorte de prensa de 1953 que menciona a renovación da Directiva e confirma o que acabamos de citar. Lendo os nomes dos seus integrantes descubrimos a Juan A. Fraguío, que xa figurara na directiva de 1933, a Agustín Somoza, a Ramón Paredes Paz -este último presidente honorario da Liga Santaballesa-, a Manuel Crespo Millor -irmán do creador dunha fundación que leva o nome de Crespo- e a Antonio Tenreiro Piñeiro -presidente da sociedade «Progreso de Lanzós».
E cando xa se cumpriu o centenario do inicio dos traballos da edificación, ben merecería a pena recordar tanto esforzo e unha lembranza constante para tantas ilusións colectivas.
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES