As cousas de Hollyfoz
Fernández, Suso - jueves, 25 de junio de 2015
O 21-12-2012, publicamos un comentario que titulamos Amores apaixoados no que, amais doutras cousas, decíamos:
un noso vello amigo, bó coñecedor dese submundo polo que a cotío deambula boa parte da crase política, dí que os partidos son caldo de cultivo dos odios mais virulentos e do desencontro entre as persoas, onde se escenifica o amor/desamor cos efectos mais funestos, de alcance e implicacións imprevisibles, que alteran gravemente as relacións entre individuos mesmo alleos á cuestión que ventilan os protagonistas.A rutura da parella política, cando ambos os dous albergan indénticos obxetivos e só hai praza para un, pode ter un final dramático, convulso e mesmo soprendente para a cidadanía de ben que, estoicamente, soporta tanta agresión verbal, tanta demagoxia , tanta incoherencia e, por suposto, tanta mentira.
Cando escribimos amores apaixoados, á vista do que estaba a suceder, percatámonos de cal ía ser a folla de ruta de boa parte da politicada local; e para tal pronóstico non había que ser un lince: a experiencia acumulada e as vivencias cotiás dinnos que toda iniciativa, política ou de outra índole, inspìrada polo sentimento do odio e do desexo irrefrenable de vinganza, remata sempre en episodios lamentables nos que algúns chegan mesmo a perder a súa dignidade: avatares que se díron nas malfadadas xornadas longas, abúlicas, repetitivas, faltas de inxenio e orixinalidade da pasada campaña electoral e nunhas eleccións que, coma sempre, poñen ao descuberto moita da disimulada falsedade.
Acaso foron políticos focenses quen bateron o record de tanta incongruencia, de tanta ignominia na búsqueda de traxicómico argumento que xustificara actuacións impropias de persoas que se consideran a sí mesmas salvadoras da patria. Tanta crueldade chegou a provocar o suicidio político dun contendiente. Non había que estranarse, pois, de que focegos da tal política espertaran o interese dos medios de comunicación e fosen quen ocuparan titulares de primeiras páxinas: ¡ o de Foz é incrible!
, decían para sí lectores incrédulos e pouco imaxinativos . O proceso sen dúbida pasará a engrosar o apartado singular coñecido por as cousas de Hollyfoz
(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora