O inxenio e a imaxinación de hoxendía
Cardalda, Theo - lunes, 29 de mayo de 2006
Na actualidade temos un desbarate de imaxinación fora do normal, por iso non é nada estraño que emerxera algo tan surrealista como El Koala, un cantante do chamado rock rural. A súa canción Opá, voy acé un corral, un espantallo musical dun calibre de imaxinación neuronal que manda carallo na Habana para votar adiante semellante cousa. Pero miren por onde, ás veces estes enxendros musicais son imprescindibles en certos intres para darnos conta do que fai falla nun momento dado, e ser sabedores do que lle fai falla a certos elementos do noso país.
De verdade que fai falla con urxencia un curral, un abondoso curral, só un tan grandeiro onde collan tódolos animais que andan soltos, os especimenes da flora e fauna da España de castañuelas. Un curral onde collan moitos alcaldes, asesores urbanísticos, directivos de empresas filatélicas, empresarios dedicados ao tráfico de escravos, responsables das TV. cos seus programas de lixo, os comisionistas de Deputacións, aqueles que nos levaron a unha guerra ilegal, os que se consideran éstrellas e están por riba do humano e do divino, os que teñen responsabilidades culturais e fomentan a subcultura. Paro de contar xa que ao mellor pode saír algún que outro iluminado (estes son doutra clase de fauna) e pode escornear, e iso non é moi bo para o meu físico.
Para rematala, só fai falla que emerxa un imaxinario creativo dos de hoxendía e poña como himno para a selección española de fútbol no vindeiro mundial ese espantallo Opa, voy acé un corral. Viva a intelixencia neste país.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora