Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unhas minas

lunes, 22 de junio de 2015
Ten Ramirás unha historia aínda non contada, ligada a unhas minas de estaño e de wolframio que se atopan nas inmediacións da aldea de Escudeiros, xusto nas lindes do municipio co seu veciño de Gomesende e mesmo por riba da marxe esquerda do curso baixo do río Arnoia, onde súas augas se volven agrestes e xeran escenarios tan espectaculares coma o "Salto do Can".

A máis famosa recibe o nome da "Sultana", cuxo propietario inicial foi tamén un persoeiro hoxe tamén esquecido polos máis novos do lugar. Coñecido como Don Pepito Viso, nela impulsou a finais do século XIX unha actividade industrial que acabou xerando durante décadas unha activa economía, ata que na caída dos anos 50 ou na nacida dos 60, o mercado mineral estiñou e toda a estructura protoindustrial -ou, mellor dito, o que aínda queda dela naquelas frondosas abas montesías- permanece agachada, agardando a que algunhas mentes espertas que saiban interpretar o pasado para facer del un soporte de futuro, reparen nela e se poñan a pensar en serio nunha musealización que poida complementar toda a oferta patrimonial e natural que de seu ofrece xa -aínda non comercializada- o resto da Terra de Celanova.

Lembrei hoxe a "Sultana" e os paseos que pola zona teño dado de vez, xunto coa entrevista que lle fixen a un dos últimos traballadores nas minas de "Don Pepito" e que algún día publicarei, ó fío do insultante e vergoñento balbordo que ten sido montado nese municipio estas semanas, logo de que un dos seus concelleiros electos, Marcos Meléndez, exercera libremente o exercicio de votarse a el mesmo (aínda que para algúns teña semellado un crime de lesa humanidade) no proceso democrático da elección de alcalde do seu Concello.

Despois de ter visualizado de forma concentrada a treboada de descualificacións, insultos e ameazas que ten caído sobre a súa nova cabeza por tan "criminosa" acción coma -repito- a de votarse a el mesmo e deixar que a aritmética legal designase alcalde ó candidato máis votado, ademais de solidarizarme publicamente con el e publicamente condenar as barbaridades salferidas coma esputos repugnantes na rede -¡mesmo por algún senador!-, fágome a seguinte pregunta: Qué pensarán os que reaccionan de xeito tan visceral a frustración de non conseguir a alcaldía, que hai dentro dun pequeno Concello coma o de Ramirás? Unhas minas de wolframio en máxima producción?

Nin así chega un a entender que en pleno século XXI se poidan xerar xenreiras coma as que no 36 fixeron de Celso de Poulo (os que non saiban del, que pregunten) un mártir polo único delicto de ser un comerciante de éxito e sobre todo un librepensador.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES