'A Rapadoira': hai 50 anos
Fernández, Suso - viernes, 19 de junio de 2015
En abril de 1962 comeza a publicarse a revista A Rapadoira, iniciativa sen precedente na historia local. Lembramos a emoción vivida por aquel feixe de rapaces que nos embarcábamos na aventura, cando chegaron ás nosas mans os exemplares que cheiraban á tinta da imprenta. Al servicio de un Foz mejor era o súbtítulo, en tempos nos que a nosa sociedade vivía un ambiente máis distendido e solidario, e de esperanza no futuro, pois comezaban a superarse as fames da guerra (1936), o que mesmo levou a que a rapazada, eufórica, acuñara o eslogan de Foz, capital de Europa.
Abría este número a carta de Pancho Martínez, entón presidente da S. C. Peña da Rapadoira, no seo da que se editaba sin mais pretensións, decía, que colaborar ó rexurdimento turístico e cultural de Foz.
A publicación contaba cun plantel de colaboradores mais ou menos habituais: Pepe Beltrán, Luis Cordeiro, Olimpia Pérez, Alfonso Toimil e os focegos da diáspora Manolo Lugilde, Eliseo Oroza, Pepe e Lalo Veiga Pita, con temas variados; espacios fixos: Deportes, Mario López Couto, Pedro del Riego, Jaime Beltrán; Noticiero, Jhonny; Anecdotario, Minguín ; Poetas Galegos e del Foz de ayer, o director; Leer para saber , Humor y pasatiempos e La entrevista del mes, varios; firmas invitadas: Paco Jaureguizar; Chao Espina, catedrático e Académico; Rufina Solveira, poeta focega; os xornalistas Jorge Víctor Sueiro e Daniel Hortas e o mismísimo Alvaro Cunqueiro ;Panorama Industrial Focense: César Rodiguez, Charín
e diversos colaboradores puntuais con artigos, contos, poemas, etc. Dirixía este cronista.
O derradeiro Nº saíu en marzo do 63, cun tema polémico: o sí ou o non á Celulosa que aspiraban a instalar en terreos hoxe do parque empresarial. Unha decena de persoas responden a preguntas dunha enquisa en A Rapadoira.
Aquéla, é evidente, non se instalou. Hai 50 anos do episodio. A revista rematara a vida e nada semellante volveu a facerse. Foi unha fermosa e laudable experiencia, que queda aí para a historia.
(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz).

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora