Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sixto Rodríguez

Rubia, Xoan - miércoles, 17 de junio de 2015
A semana pasada chegaba a min este cantautor cuxa existencia descoñecía e que descubrin grazas a miña filla Paula que me di: “bótalle uns minutos e escoita isto”. Foi unha sorpresa descubrir a un cantante e compositor dunha enorme calidade que tan so gravara dous discos aló polo 1970 e 71 pasando totalmente desapercibido cando en realidade era merecente de ocupar Sixto Rodríguezun lugar de privilexio xunto ao seu coetáneo Bob Dylan co que ten certas reminiscencias. Paula tamén me pasou o documental Searching for Sugar Man e os discos Cold fact e Coming from reality, os únicos discos que gravou denantes de ser ignorado absolutamente, de desaparecer. E agora xa sei máis dun autor oculto perante catro décadas e recentemente resucitado.

Rodríguez naceu en Detroit onde fora a súa familia atraída pola industria do automóbil na que el tamén chegou a traballar. Polas noites, na zona máis “undergraund” da cidade, nun establecemento situado á beira do río, cantaba temas relacionados coas tremendas dificultades polas que atravesaban os traballadores e a xente máis marxinada. Grava dous discos avalado por dous produtores da “Motown” que non son ben acollidos, un gran fracaso, o que lle obriga a seguir traballando na fábrica de coches e con duras xornadas na construción nunha cidade que marxina a tantos e tantos que se achegan na procura dunha oportunidade. Aquel trobador de orixe mexicano, cunha voz más temperada que Dylan, desaparece, esfúmase, afástase do negocio da música.

Resulta que non se sabe como nin por que o seu disco Cold fact chega a Cape Town, a unha Sudáfrica mergullada no “apartheid” onde case todo estaba prohibido e acada unha aceptación inimaxinable chagando a ter aló unha popularidade semellante a de Elvis e comeza a lenda. Esténdese a crenza de que se suicidara nun concerto pero logo de corenta anos, un xornalista dou con el en Detroit onde traballaba como obreiro da construción. Resucitado o invitan a viaxar á Cidade do Cabo onde é recibido coma un ídolo e organízanlle unha serie de concertos que prepara xunto a músicos locais. Ten, como non podía ser doutra maneira, un gran éxito o que lle proporciona importantes emolumentos.

E aquí ven o gran xesto: todo o diñeiro recadado o reparte coas familias dos músicos manifestando que para el era suficiente a sensación experimentada ao recibir tanto agarimo por parte da xente que acudiu aos seus concertos. Regresou aos EE.UU como chegou a Sudáfrica: coa guitarra ao lombo, e unha vez na súa cidade reincorporouse as súas actividades como albanel.

Logo de ver Searching for Sugar Man e namentres escribo isto estou escoitando o seu traballo Coming from reality onde destaca a súa cálida voz sustentada por uns arranxos acústicos con adornos de cordas suaves e un baixo que a xeito de columna vertebral sostén o sinxelo entrabado musical no que sobresae a limpeza da guitarra acústica de Rodríguez; e sego sen entender como este home non tivo o recoñecemento que se merecía no seu pais onde quizais chamarse Rodríguez no era nin é un aval precisamente.

Aos 72 anos paséase polas abandonadas rúas dunha cidade fantasma, coma se el mesmo fose un espectro, coa mirada perdida en arredados horizontes lembrando tal vez unha vida que é, sen dúbida, de película.

Agradézolle a miña filla Paula que me puxera en antecedentes respecto deste peculiar músico que a partires de agora figurará no grupo dos meus favoritos.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES