Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seguridade na seguridade

viernes, 26 de mayo de 2006
A teima da seguridade é unha preocupación constante de tódolos que teñen algo que gardar. Seguridade que non só se refire a que ninguén invada terreo que nos é propio e se apropie do que atesouramos, senón de xeito especial á tranquilidade previa por esa mesma seguridade.

Andan en Catalunya sumamente preocupados por atracos de bandas organizadas a chalets e edificacións de urbanizacións, de xeito violento, e que proliferan nos últimos tempos.

O tema foi plantexado no Congreso esta mesma semana por Durán i Lleyda, preguntando que se fai ó respecto por parte das autoridades nacionais nun momento en que aínda non puideron ser despregadas as forzas autonómicas previstas no novo Estatuto, que terá que ser refrendado en próxima votación.

O Goberno, que tomou en serio o tema, envía un forte continxente da Garda Civil, que parece ser vai ser recibido cos brazos abertos contra todo prognóstico anterior. Pero a necesidade obriga a cambiar posturas e estratexias.

Preparémonos. Un alto cargo do goberno catalán declarou que diante deste despregue de forzas, agardan que os atracadores se vexan disuados e se trasladen a outros lugares (menos protexidos).

Tamén en Galicia preocupa o tema e un helicóptero vai vixiar desde baixa altura urbanizacións perto das cidades galegas para previr este problema.

Moito temos que facer ó respecto, aínda sen ter en conta ós grandes delincuentes, se pensamos nos pequenos rateiros que violentan chalets ou igrexas, rectorais ou casas particulares para levar cousas que para os seus propietarios son valiosas e logo venden no rastro a precios irrisorios.

A seguridade é un tema sempre presente, pero que convén revisar frecuentemente e replantealo de cotío. Eso polo que se refire á seguridade en sí. E que esta seguridade nos proporcione a todos a tranquilidade previa sobre a situación xeral ou particular que a falta de outra denominación máis técnica denominaremos “Seguridade na seguridade”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania